Centro Xove de Creación Cultural

Somos un centro de proximidade para a mocidade, impulsado polo Concello de Santiago de Compostela.

Ofertamos formacións presenciais e en liña. Organizamos eventos culturais. Contamos cuns locais de ensaio e estudio de gravación para as nosas bandas.

Formación dixital

Os nosos cursos son presenciais e en liña. Para que teñas oportunidade de aprender, onde, cando e como ti prefiras. Un centro actualizado ó dixital, e á túa medida.

Perspectiva profesional

O noso equipo docente ensina dende a realidade: están vencellados ao seu ámbito docente como profesionais, e viven diso. Ofrecemos formacións útiles e aplicables.

Impulsamos o teu talento

Non só programamos dende o CX: podes reservar salas e espazos para os teus proxectos. O noso equipo colaborará contigo para axudarche a que sexan un éxito!

Novidades do CX

Presentación da Academia Maker no Centro Xove

Presentación da Academia Maker no Centro Xove

Este sábado 15 de xullo temos unha cita no Centro Xove de Creación Cultural para o Roteiro de presentación da Academia Maker. Supón unha nova liña de traballo para o espazo, que implicará importantísimas novidades. O mundo Maker chega ó CX con esta ilusionante...

Vente co Centro Xove de saída botánica!

Vente co Centro Xove de saída botánica!

Este sábado 27 de maio ás 17:00 imos de ruta! Dende o Centro Xove impulsamos unha andaina botánica entre o Sarela e a Selva Negra. Iremos explicando e identificando as especies botánicas do lugar e os seus usos populares. Nunha experiencia de grupo, incluido unha...

¿Queres reservar algún espazo do Centro Xove?

Que diferencia ó Centro Xove de Creación Cultural?

Z

Sala para concertos, eventos e formacións

Cunha capacidade de ata 250 persoas, completamente equipada e de uso público. Contamos con técnico de luces e son de propio.

Z

Locais de música e estudio de gravación

Completamente equipados e con horarios de apertura amplos. Ti trae guitarras, baixos e teclados… o resto xa o poñemos nós!

Z

Un espazo lúdico e social

Traballamos en equipo e de forma transversal para crear espazos de convivencia entre a mocidade, tecendo redes sociais reais.

Z

Formacións actualizadas ós nosos tempos

Lanzamos propostas culturais para á mocidade, que contribúan a que desenvolvas proxectos de éxito dentro e fóra do Centro Xove.

Desde o Centro Xove empatizamos coas demandas da mocidade: achegámonos e escoitamos. Traballamos pola cultura latente que leva dentro toda persoa.

María, departamento de animación sociocultural

No Centro Xove traballamos polo denvolvemento de proxectos culturais: un espazo bidireccional e aberto, impulsado pola xente e para a xente.

Ángel Martínez, departamento técnico

O Centro Xove é un espazo no que podes formarte, medrar, desfrutar e conectar con xente cos teus intereses. Traballamos para marcar unha diferenza na creación de redes de persoas.

Jesús Magaña, coordinador

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?