Centro Xove de Creación Cultural
Somos un centro de proximidade para a mocidade, impulsado polo Concello de Santiago de Compostela.
Ofertamos formacións presenciais e en liña. Organizamos eventos culturais. Contamos cuns locais de ensaio e estudio de gravación para as nosas bandas.
Formación dixital
Os nosos cursos son presenciais e en liña. Para que teñas oportunidade de aprender, onde, cando e como ti prefiras. Un centro actualizado ó dixital, e á túa medida.
Perspectiva profesional
O noso equipo docente ensina dende a realidade: están vencellados ao seu ámbito docente como profesionais, e viven diso. Ofrecemos formacións útiles e aplicables.
Impulsamos o teu talento
Non só programamos dende o CX: podes reservar salas e espazos para os teus proxectos. O noso equipo colaborará contigo para axudarche a que sexan un éxito!
Novidades do CX
HERDANZA VIVA: este agosto no Centro Xove
Este mes de agosto poñemos en marcha Herdanza Viva, un programa interxeracional en colaboración coa Residencia Raiola do Horreo, pensado para crear espazos de encontro entre persoas de diferentes idades, onde compartiremos experiencias e maneiras de entender a...
Anunciado o Festival Lanzadeira Centro Xove 2026
O festival Lanzadeira Centro Xove 2026 xa ten data! O vindeiro sábado 18 de xullo, a música e a enerxía do talento mozo volverán encher as rúas nunha xornada moi especial para nós. Este ano non é unha edición calquera, pois celebramos o X aniversario do Centro Xove....
Chega a programación de verán 2026 do Centro Xove de Creación Cultural
Xa temos lista a nosa programación de verán 2026 do Centro Xove de Creación Cultural. E ven chea de novidades! Para facilitar ó máximo o proceso de inscrición, vai a información esencial que precisas: Prazo de inscrición: dende o 15 de xuño ata ó3 30 de xuño do 2026....
¿Queres reservar algún espazo do Centro Xove?
Que diferencia ó Centro Xove de Creación Cultural?
Sala para concertos, eventos e formacións
Cunha capacidade de ata 250 persoas, completamente equipada e de uso público. Contamos con técnico de luces e son de propio.
Locais de música e estudio de gravación
Completamente equipados e con horarios de apertura amplos. Ti trae guitarras, baixos e teclados… o resto xa o poñemos nós!
Un espazo lúdico e social
Traballamos en equipo e de forma transversal para crear espazos de convivencia entre a mocidade, tecendo redes sociais reais.
Formacións actualizadas ós nosos tempos
Lanzamos propostas culturais para á mocidade, que contribúan a que desenvolvas proxectos de éxito dentro e fóra do Centro Xove.
Desde o Centro Xove empatizamos coas demandas da mocidade: achegámonos e escoitamos. Traballamos pola cultura latente que leva dentro toda persoa.
María, departamento de animación sociocultural
No Centro Xove traballamos polo denvolvemento de proxectos musicais: un espazo bidireccional e aberto, impulsado pola xente e para a xente.
Guillermo Vizoso, mentor de bandas
O Centro Xove é un espazo no que podes formarte, medrar, desfrutar e conectar con xente cos teus intereses. Traballamos para marcar unha diferenza na creación de redes de persoas.
Suso Magaña, coordinador





