Se o ano pasado non chegaches a tempo a participar no curso de horta para a mocidade en Santiago de Compostela no Centro Xove da Almáciga aínda estás a tempo. Este ano acollemos de novo a proposta do programa Hortalíza-Te.

Este proxecto enmarcarse nas iniciativas de orzamentos participativos do Concello de Santiago de Compostela, e pasa por ofrecer unha formación amena, de produción local, de tempada e moi valiosa sobre como xestionar a vosa propia horta dende o caso práctico das hortas da Almáciga. Realizaremos un vídeo dos avances paso a paso da nosa hortiña!

Datas e inscricións

A actividade comeza a pé de horta o vindeiro xoves 2 de maio, sendo as formacións teórico-práctica os mércores de 17 a 19 horas. A proposta pasa porque dous docentes colaboren cos participantes na xestión de duas hortas na zona da Almáciga, unha adicada a produto de tempada e outra á reserva de inverno. Grazas a isto, iredes aprendendo técnicas e habilidades para xestionar a túa propia horta no futuro!

A proposta combina formación teórica mínima con moitísima práctica na propia horta. O grupo, ademais, terá o bo rollo habitual dos cursos do Centro Xove 🙂

O curso de horta terá unha duración do mes de maio a outubro, extendéndose durante o verán, adaptándonos a climatoloxía e as diferentes estacións do ano.  Ofertamos un total de 15 prazas, 3 prazas reservadas para alumnos que participarán na primeira edición, e coma sempre, a inscrición é totalmente gratuita.

Queredes inscribirvos no Hortalíza-Te 2.0? Pasa polo Centro Xove da Almáciga ou envíanos un correo!
1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?