No Centro Xove lanzamos a actividade de Artes Performativas. Aquí podes aprender performance, teatro, teatro musical e cabaret… posta en escena!
Facémolo a través desta actividade anual, onde exploramos un espectáculo de vangarda no que se combina elementos de artes e campos diversos, como a música, a danza,o teatro e as artes plásticas. Un obradoiro onde explorar e desfrutar, e que podería mesmo enriquecer ás nosas bandas residentes (como colaboración nas súas actuacións, videoclips, etc.).
Esta actividade tamén forma parte do programa Agenda Urbana 2030, e é de inscrición gratuita.
Como podes inscribirte na actividade Artes Performativas?
As inscricións están abertas dende xa ata o venres 21 de abril. A formación é gratis para as persoas inscritas, xa que é financiada polo Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Promoción Económica no marco da Agenda Urbana 2030.
Podes inscribirte polas seguintes canles:
- Enviando un correo electrónico ó Centro Xove vía info@centroxove.com
- Enviando un WhatsApp/Telegram ó 722720992
- Chamando a ese mesmo número ou presencialmente no propio centro.
Lembra que teñen preferencia as persoas de 14 a 35 anos empadroadas en Santiago de Compostela. Podes inscribirte se non cumples ditos requisitos. Non son necesarios coñecementos previos, xa que partimos dende a base.
Cando terán lugar as clases de Artes Performativas?
As sesións terán lugar os venres de 19 a 21 horas, comezando o día 21 de abril ata o finais de xullo.
Se non puideses participar nalgunha sesión, non te preocupes que o falamos segundo o teu caso.
Non perdas tempo e bule a inscribirte na actividade de Artes Performativas. E se queres coñecer outras propostas que facemos co apoio do marco da Agenda Urbana 2030, preme aquí.