Moita xente nos pregunta como imos adaptar o Centro Xove á situación da COVID.

Sabedes que fai unhs días anunciamos a nova web e programación de actividades do centro para novembro e decembro. Malia isto, a situación sanitaria muda rápidamente, o que provoca que teñamos que tomar decisións de forma áxil.

Centro Xove: que imos facer fronte a nova situación da COVID?

Entendemos que a saúde das persoas é o primeiro.

Con todo, sabemos que tamén existe unha demanda real de actividades culturais. Somos un espazo de proximidade á mocidade que, neste tempo incerto, pretende dar o mellor servizo posible, pase o que pase. Por iso, o noso plan de acción é:

  • Ata finais de novembro, agardaremos as instrucións que nos traslade o Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Mocidade. Polo momento, tomouse a decisión de suspender todos os eventos e actividades presenciais. Malia cumplir as medidas de seguridade establecidas, o Centro Xove permanecerá pechado ó público por un criterio de prudencia (pero con servizo de formación en liña e traballando na mellora das instalacións).
  • En novembro analizaremos a situación e, seguindo as instruccións municipais, previsiblemente procederemos a abrir as aulas en grupos moi, moi reducidos, e de forma progresiva. Confiamos en poder retomar a actividade con eventos programados, e dinamizar no posible sen expoñer a saúde das persoas.
  • Se non é posible, organizaremos aulas en liña e por videoconferencia para certas actividades, preparando ademais outras novas.
  • Durante este lapso de tempo (ata o 31 de outubro), seguiremos a inscribir nas actividades. Polo tanto, se queres participar, súmate!

Por outra banda, contamos cunha previsión de actividades en liña das que queremos falar, e que xa estamos a argallar nestas datas.

Formacións en liña: a aposta por un centro dixital

Dado que a situación da COVID non permite garantir a presencialidade, durante o curso 2020-2021 imos facer unha forte aposta pola formación en liña. Isto significa que xa estamos a traballar en cursos que serán accesibles para todas as persoas usuarias sen saír da casa.

Deste xeito, sen importar o que aconteza, o Centro Xove garante actividades culturais durante a pandemia e máis aló. En concreto:

  • Estamos a producir unha batería inicial de cursos en liña. Serán gratuítos, accesibles e seguidos polo equipo docente do espazo.
  • Os cursos estarán dispoñibles nesta mesma páxina web, a través de pequenos vídeos e contidos adicionais descargables.
  • Realizaremos eventos grabados e en directo vía streaming tan pronto remate a instalación dos medios técnicos precisos. Grazas a isto, poderemos ofertar espectáculos sen saír da casa e, cando a situación mellore, ofertar un servizo de calidade ós artistas e persoas usuarias do Centro Xove.

Como dicimos, o equipo do Centro Xove está a facer un esforzo extraordinario para adaptarse tan rápido como sexa posible a esta situación. Próximamente falaremos da apertura dos locais municipais de ensaio e o estudio de gravación. Pero iso, mellor, noutra entrada.

Novamente, agradecemos a comprensión e colaboración das persoas que participades nas nosas actividades. Gustaríanos ter a todo o mundo xa por aquí pero, polo de agora, cómpre agardar a que a situación sanitaria mellore. Seguimos a traballar ata entón, para dar o salto a cursos en liña moi pronto!

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?