Chega o Ecos Fest 2025, un festival de curtametraxes e música para o talento novo galego no Centro Xove da Almáciga.

Marca as datas no calendario! O Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga acolle o Ecos Fest 2025 do 20 ao 22 de novembro de 2025. Este festival de tres xornadas é unha cita imprescindible para o talento novo na nosa cidade.

O Ecos Fest é un festival de curtametraxes de distintos formatos e música en directo de grupos locais emerxentes. É unha iniciativa organizada por Carta Branca e Ondamar (co equipo de Ondamar Films na versión galega), co apoio do Concello de Santiago a través da Concellaría de Mocidade, dentro do programa Decide Compostela.

O obxectivo do Festival Ecos Fest:

O obxectivo principal é dar visibilidade ás creacións audiovisuais realizadas por estudantes, novos cineastas, creadores e grupos musicais emerxentes. Buscamos crear un espazo común que fomente a colaboración entre o eido das curtas e da música, ofrecendo un escaparate para o cine galego novo.

O festival desenvolverase en tres xornadas, e cada unha delas comezará ás 20:00 co seguinte programa:

  1. Proxección de Curtametraxes: proxectaremos varias pezas audiovisuais divididas en tres seccións.
  2. Concertos: ó rematar as proxeccións, a sesión pecharase cun concerto dun grupo do Centro Xove.

Os nomes dos artistas que actuarán anunciaranse a semana do 27 de outubro a través da conta oficial de Instagram do festival: @ecos_festival.

A entrada é de balde e aberta ó público

Para máis información, podedes contactar co equipo do festival en: ecosfest@centroxove.com ou visitar a páxina do Ecos Fest. O programa completo tamén se pode descargar desde alí, así coma as bases para participar. Agardámoste no Centro Xove para apoiar a cultura emerxente!

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

Sesión de usuario.
Comentarios
Seguridad
Aceptación de cookies