Coaching para bandas 🎼

servizo de coaching para bandas do Centro Xove busca asesorar e orientar ós grupos residentes nos locais municipais de ensaio do Concello de Santiago de Compostela. O noso obxectivo é axudarvos a crecer como músicos, tanto de xeito individual como colectivo!

Co servizo podes obter ferramentas centradas en axudarte a atopar os recursos para acadar os teus obxectivos na música. Tamén é a única forma de acceder ó noso estudio de gravación.

Qué é o coaching para bandas?

Un coach de bandas é unha figura de mediación. O seu traballo pon ó teu alcance toda a súa experiencia, orientada ás necesidades da túa banda, co obxectivo de axudarvos a medrar.

Lóxicamente, o noso coaching para bandas baséase nunha relación confidencial e profesional entre o mediador e a banda. Por iso, traballamos nun modelo de proximidade, centrado nos grupos que ensaian nos locais municipais (por certo, se queres participar, podes inscribirte aquí).

O obxectivo é potenciar os puntos fortes do conxunto a nivel musical, pero tamén dun xeito individual. Tamén proporcionar coñecementos sobre outros elementos arredor da propia música e da vida de banda, e que ides atopar nalgún momento da vosa andaina musical.

Trátase de facilitar ferramentas para enfocar correctamente os esforzos e a creatividade, e así superar dificultades que aparezan no camiño. As oportunidades non só dependen de factores externos, senón tamén da propia capacidade do músico para crealas. E, nese sentido, o equipo do Centro Xove está coa vosa banda.

Cales son os requisitos para beneficiarse do servizo?

O servizo de coaching para bandas vai incluido nos servizos que proporcionamos ás bandas residentes. É dicir: todos os grupos do Centro Xove poden solicitalo en calquera momento, e de forma totalmente gratuita.

Como solicito unha visita?

Se queres que o noso equipo atenda á túa banda, poderás solicitar a túa visita polas canles habituais (de forma presencial no espazo, enviando un correo electrónico a info@centroxove.com, chamando ou enviando un WhatsApp/Telegram).

De forma concreta, poderás solicitar:

  • Sesión co mediador musical: o responsable de mediar coas bandas pasará polo voso ensaio no horario habitual da vosa banda, para traballar directamente con vós en todo o que precisedes (dende comentar novos temas, gravacións en estudio, harmonizar temas, arranxos, branding musical, etc.). Este apartado será dinamizado por Guillermo Vistoso: compositor, cantante e guitarrista, ademáis de músico profesional, freelance de directo e estudio dende 2016.
  • Visita do equipo técnico: no caso de que precises axuda técnica (por exemplo, para conectar equipos específicos que traedes ós ensaios, preparar o rider dun concerto, etc.), podedes solicitar que o técnico de son do Centro Xove visite á vosa banda durante un ensaio. Este apartado será dinamizado polo persoal técnico do centro.
  • Ademais, o equipo do servizo de coaching para bandas levará a cabo visitas adicionais para interesarse polo voso proxecto. Estas visitas son totalmente voluntarias, tendo lugar de cando en vez. O obxectivo é coñecer mellor ós grupos residentes, dinamizar o voso traballo pola rede e apoiar ó voso proxecto musical! Este apartado será dinamizado por calquer persoa do equipo do Centro Xove.

Queda algunha dúbida?

Queres comentar algunha cousa? Dúbidas? Podes contactar co Centro Xove e recibir atención totalmente personalizada.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

Sesión de usuario.
Comentarios
Seguridad
Aceptación de cookies