gala final do Compostela en Escena 2018 terá lugar no Centro Xove da Almáciga os vindeiros días 21 e 22 de xuño. Teremos a sorte de desfrutar do talento e creatividade das disciplinas de danza, teatro, coro… e unha exposición de fotografía!

Contaremos co espectáculo de danza + teatro ó 21 de xuño ás 20:30, mentres que a exposición de fotografía + coro será o 22 de xuño a partires das 19:00. Dúas xornadas consecutivas para celebrar esta xenial proposta do Compostela en Escena. Queres saber como conseguir a túa entrada?

Entradas para a gala do Compostela en Escena (21 e 22 de xuño)

As entradas para as galas do Compostela en Escena son de balde, previa recollida no Centro Xove da Almáciga a partires do luns 18 de xuño. Poderás facerte coas túas en horario de apertura pero, como xa sabes, sempre podes chamarnos ou contactar co Centro Xove se tiveses algunha dúbida.

xoves 21 de xuño a partires das 20:30 terá lugar o espectáculo de danza, comezando ás 20:45 horas a actuación do grupo de teatro. Con respecto ó venres 22 de xuño, inaguramos unha exposición de fotografía ás 19:00 e desfrutaremos da actuación do coro do Compostela en Escena a partires das 19:30. Se queres coñecer todos os detalles sobre as propostas, segue lendo!

As propostas do Compostela en Escena polo miúdo. En que consisten os espectáculos?

DANZA: NA MIÑA SOIDADE

Na miña soidade: penso, creo, soño, síntome eu mesma e busco transmitir ás demais persoas ese desexo de crear, ser, existir e bailar. As persoas son o medio desa transformación, desa soidade que ninguén comprende, e na que todas caemos algunha vez.

Dirixe: Vanessa Otero Pérez.

TEATRO: PEQUENO RETABLO DE VERDADES E MENTIRAS

Un espectáculo teatral composto a partir de tres entremeses de Miguel de Cervantes, onde o autor mostra unha visión crítica, burlesca e irónica da época. O resultado é un retrato de costumes da sociedade, desmitificando unha serie de valores e convencionalismos propios do momento: a honra, os matrimonios de conveniencia, a picaresca, o diñeiro, o papel da muller, etc.

Unha comedia áxil, con tramas sinxelas, sen máis pretensións que as de buscar un divertimento inmediato. Que non é pouco.

Reparto: Adrián Blanco Míguez, Ester González Fuentes, Sandra Martínez Martínez, Iria Espeirón Abril, Olalla Dopico Carrón, Aitana Abal Gómez, Marcela Rodriguez Portas, Marcos Álvarez Espiño, Samuel Torres López e Marte Pazos Piedras.

Dirixe: Artur Trillo.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA

Pequena expo pop-up a modo de peche do curso de Fotografía que tivo lugar no Centro Xove da Almáciga durante esta programación. As persoas que asisiton terán a oportunidade de mostrar os seus traballos fotográficos.

Formación impartida por Matteo Bertollino, socio de 7hcoop.

CORO GLEE

O coro Glee e un proxecto vocal de voces novas onde mozos e mozas de ata 35 anos, que demostran todo o seu talento vocal e paixón pola música. O repertorio vai desde o pop máis comercial e actual, ó rock ou arranxos clásicos de jazz e soul. Trátase dunha pequena mostra do traballo feito nos últimos meses polo coro Glee, residente do Centro Xove da Almáciga. O programa para a mostra será o seguinte: 

  1. Java Jive (B. Oakland / M. Drake). No escenario, coro Glee.
  2. Redemption song (B.Marley). No escenario, Camila Rodríguez, Sara Abella e Santiago Cutrín (guitarra).
  3. Tu Canción (R. Gómez). No escenario, Jorge Andrés Sánchez e Sara Castelo.
  4. All about that bass (K. Kadish / M. Trainor). No escenario, coro Glee.
  5. Wide awake (K. Perry / Bonnie Mckee). No escenario, Adrián Conde, Gloria Pavía e Verónica Feteira
  6. Havana (C. Cabello). No escenario, Fernando Rodríguez, Ángela Carou, Adriana Barros e Abel Muñiz.
  7. Somebody to love (F. Mercury). No escenario, coro Glee.

O Coro Glee – Compostela en Escena, somos:

Sopranos – Adriana Barros, Alia Domínguez, Ángela Carou, Gloria Pavía, Sara Castelo.

Altos –  Camila Rodríguez, Sara Abella, Verónica Feteira

Tenores – Abel Muñiz, Iago Lavandeira, Jorge Andrés Sánchez.

Baixos – Adrián Conde, Fernando Rodríguez,

Director– Xabier Mera.

Consegue xa as túas entradas para os días 21 e 22 de xuño!

Lembra que se queres a túa entrada para as galas do Compostela en Escena só cómpre que pases polo Centro Xove da Almáciga en horario de apertura, a partires do vindeiro luns 18 de xuño.

Esta é unha proposta moi especial, que mostra o traballo de todo un ano dos participantes no Compostela en Escena. Por isto, agradecemos moito que difundas esta información polas redes sociais. Que chegue ó seu talento á máxima xente posible!

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?