Despois de lanzar a primeira quenda da nosa formación básica en guitarra, no Centro Xove vimos de artellar un novo grupo nun horario diferente! Por que? Porque sabemos qué posible que vos apeteza participar no noso laboratorio de guitarra e experimentar co instrumento, pero é posible que ese primeiro grupo non tivese un horario compatible, tiñades outras cousas… o que fose!

A verdade é que a primeira quenda foi un éxito, o que nos leva a tentar ampliar o grupo de persoas interesadas no mundo da guitarra. Se sempre quixeches achegarte ó instrumento, é unha nova oportunidade de participar nesta nova ocasión. Van os detalles coma sempre!

Queres participar no novo grupo básico de guitarra?

Se queres participar neste novo grupo, cómpre que teñas en conta os seguintes detalles:

  • Horario: todos os luns de 17 a 19, comezando o vindeiro 31 de xaneiro.
  • Quen pode participar? Preferentemente, persoas de 14 a 35 anos, empadroadas en Santiago de Compostela.
  • Prazo de inscrición: do 25 ó 31 de xaneiro, ambos incluidos.
  • Canto dura o curso? 10 horas, repartidas en 2 meses e medio, cunha clase semanal.
  • Prezo: gratuito, subvencionado pola Concellaría de Mocidade.

No caso de que teñas interese, podes inscribirte de varias formas:

  • Enviando un correo electrónico a info@centroxove.com
  • Por WhatsApp/Telegram (podes contactar co botón desta web ou no 722720992).
  • Presencialmente no propio Centro Xove!

Outros datos sobre a formación:

Lembra que estas formacións de guitarra presenciais son de iniciación. Se buscas algo máis avanzado, podes participar no segundo nivel que xa temos activo (contacta con nós e listo).

Máis aló diso, lembra que…

  • Preciso coñecementos previos? Non. Comezaremos a descubrir dende cero todo o necesario para aprender a tocar a guitarra.
  • Preciso algún material específico? Sí. Guitarra acústica ou española, afinador (ou app no móbil), puga e gañas de aprender!
  • Quen imparte? Guillermo Vistoso. Compositor, cantante e guitarrista. Músico profesional freelance de directo e estudio dende 2016.

Para calquer outra consulta, lembra que podes contactar co Centro Xove. Vémonos!

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?