A XAULA DE SIBILA

o accede para ver este curso.

Este novo espazo cultural de carácter musical e máis enfocado á guitarra , nace como resposta ás peticións das persoas que están seguindo os laboratorios de guitarra.
Tratase dunha serie de vídeos titoriais cuxo contido consiste en temas precisos e específicos sobre preguntas e peticións dos e das usuarias da nosa plataforma resolvendo dúbidas que poden xurdir do material audiovisual  colgado na rede, ou ben indagando de forma máis precisa en asuntos relacionados cos contidos citados anteriormente.
O carácter deste espacio queda totalmente aberto e se irá completando de contidos a medida que recibamos peticións por parte dos e das nosas usuarias.
Cremos necesario comentar a importancia de este tipo de seccións xa que se trata de unha resposta directa a preguntas concretas de alumnos e alumnas, o que o noso entender é un primeiro paso á apertura dunha vía de comunicación  directa entre o alumnado e o centro.

 Preciso coñecementos previos? 

O tratarse de resolver dúbidas e mostrar contidos específicos que xurden en relación ós contidos ofrecidos en anteriores cursos.

 Canto dura o curso?

A duración do curso variará en función das peticións que fagan os e as usuarias dos nosos cursos en liña.
Recomendamos que cada usuario e usuaria practique o tempo que crea necesario ata que domine a lección correspondente, xa que cada cal necesita uns tempos específicos para executar correctamente a lección proposta.
Aínda así, é recomendable a practica diaria, sendo o ideal tocar unha hora o día.

Debería facer algún outro curso antes?

Recomendase realizar os Laboratorios de Guitarra propostos na web.

 Preciso algún material específico?

Guitarra, púas, afinador e capo .

Obxectivos xerais do curso:

Como obxectivos fundamentais tratase de:

  • Resolver as dúbidas que lles poidan xurdir ós alumnos e alumnas durante o seguimento dos nosos contidos.
  • Ensinar os contidos relacionados coas propostas emitidas por parte dos alumnos e alimnas acerca de temas relacionados cos titoriais  xa publicados .
  • Intentar estreitar a relación alumno/as-maestro para que exista un canal de comunicación fluído entre ambos
    Conseguir unha maior calidade e precisión á hora de satisfacer os intereses do alumnado.

 Leccións do curso:

Dependerá do número de dúbidas e inquedanzas que se lle lancen o docente.
En principio comenzaremos con esta proposta resolvendo a petición de varios usuarios e usuarias acerca do tema Stand by Me.

Cal é o público ideal desta formación?

Calquera dos e das seguidoras dos cursos ou calquera que teña unhas nocións básicas de guitarra.

Que vou aprender neste curso que non sabía xa?

Xa que se trata de resolver dúbidas, afondar no nosos coñecementos adquiridos nos anteriores titoriais e matizar detalles acerca de temas vistos con anterioridade, aprenderemos contidos máis precisos dos temas.

Tratase de ser capaces de entender a música non como algo inamovible se non como unha arte que sempre pode evolucionar.

Se tiveses algunha dúbida, lembra que podes contactar co equipo do Centro Xove antes de comezar ou ben co docente do curso

Lección

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?