Como axustar, afinar e quintar a miña guitarra?

o accede para ver este curso.

Moitas veces o noso instrumento se desaxusta e non sabemos moi ben por qué soa desafinado ainda que o afinador nos esté a dar o OK. Se queres aprender como axustar e quintar a túa guitarra, este é o curso ideal!

Hai distintos elementos que inflúen no correcto axuste dunha guitarra. No seguinte curso traballaremos con distintos tipos de guitarra para aprender a deixalas ao 100% na nosa casa. Sempre é convinte levalas cada certo tempo a un luthier (si, artistas, non só hai luthería de instrumentos clásicos!). A súa experiencia e profesionalidade deixará o instrumento ao 200% durante moito tempo. Con todo, neste curso aprendemos  trucos para sair do paso antes dun bolo, no ensaio ou na casa!

Traballaremos cos seguintes tipo de guitarras:

  • Acústica (con cordas de metal)
  • Eléctrica de ponte fixo, eléctrica de ponte con selletas e trémolo Bigsby, eléctrica con ponte tune o-matic con microafinación e clavixas de bloqueo
  • Guitarra eléctrica con ponte semi flotante con selletas.

Máis detalles sobre o curso “Como axustar, afinar e quintar a miña guitarra”

  • Quen imparte? Guillermo Vistoso. Compositor, cantante e guitarrista como músico profesional freelance de directo e estudio dende 2016.
  • Como podo contactar? guillermo@centroxove.com

Preciso coñecementos previos?

  • Non!

Canto dura o curso?

  • Conta con catro leccións curtas, con toda a información precisa para aprender a axustar, afinar e quitar a túa guitarra.

Debería facer algún outro curso antes?

  • Non é preciso.

Preciso algún material específico?

  • Guitarra propia é o ideal.

Obxectivos xerais do curso “Como axustar, afinar e quintar a miña guitarra”:

  • Aprender a detectar os problemas dunha guitarra.
  • Implementar o proceso de quintado dunha guitarra.
  • Ampliar os coñecementos sobre o instrumento.
  • Coñecer o axuste completo dunha guitarra.
  • Desenvolver a habilidade de facer unha reparación sinxela ao instrumento.

Leccións do curso:

  1. Ponte fixo: Epiphone Les Paul Junior
  2. Ponte con selletas e trémolo Bigsby: Epiphone Riviera P93
  3. Ponte Tune o-matic con microafinación e clavijas de bloqueo: Maison SA 610
  4. Ponte semi-flotante con selletas: Fender Stratocaster

Cal é o público ideal desta formación?

  • Este curso é ideal para guitarristas das bandas do CX ou de calqueira guitarrista que queira aprender a axustar o seu instrumento.

Que vou aprender neste curso que non sabía xa?

  • Neste curso imos aprender a axustar a nosa guitarra dun xeito efectivo, para sair do paso antes dun concerto, dun ensaio, etc.

Algunha dúbida? Contacta!

Se precisas atención personalizada, lembra que podes solicitar unha formación instrumental individual no Centro Xove, enviarnos un correo a info@centroxove ou directamente ó docente vía guillermo@centroxove.com

Lecciones

4. Ponte semi-flotante con selletas: Fender Stratocaster

Autor: Centro Xove de Creación Cultural

Quén non coñece este modelo?. Guitarristas míticos como Jimmy Hendrix, Eric Clapton, Jeff Beck ou Marc bolan empregaron este modelo. Cunha construcción de mástil atornillado a un corpo sólido lixeiro, con 3 single coil e unha ponte semi flotante, este instrumento convertiuse nun dos más vendidos e versátiles da historia. Unha lenda. Máis detalles sobre […]

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?