Curiosidades Guitarriles

o accede para ver este curso.

O contido deste laboratorio está dedicado á guitarra e mais en concreto ás afinacións alternativas máis comúns do instrumento e a súa aplicación nos diferentes estilos de música.
Concretamente ofrecemos dous titoriais específicos da afinación alternativa coñecida como DADGAD:

  • Un orientado o uso desta afinación no que se coñece como música folk de Arco Atlántico (música tradicional)
  • Un segundo vídeo dedicado á utilización desta afinación na música country- folk.
  • Un terceiro e ultimo titorial está dedicado á afinación alternativa OPEN D (ou Re aberto) e a súa vinculación o blues.

Esta batería de titorías  nace tras a observación e o estudo dos diferentes  estilos de música das diferentes bandas da cidade de Santiago de Compostela e do seguimento dos mesmos, así como dun exhaustivo análise das demandas de antigos alumnos e alumnas, respondendo ás necesidades técnicas destos, á hora de coñecer e interpretar os estilos de música correspondentes.

 Preciso coñecementos previos? 

Si. Os e as participantes deben coñecer a afinación estándar na guitarra , deben usar a púa con certa soltura e  deben coñecer os acordes básicos da afinación estándar e os  acordes de capo, ademais de aplicalos e saber executalos con certa habilidade.
Recomendase a visualización dos anteriores Laboratorios de Guitarra publicados na páxina web do centro.

Canto dura o curso?

O curso consta de catro vídeos  dunha duración aproximada de cinco minutos cada un.
Recomendase a visualización dun vídeo por semana para poder asimilar os contidos dos mesmos.
Recomendase practicar o menos unha hora ó día (Esta recomendación é orientadora) .

Debería facer algún outro curso antes?

É recomendable ver os Laboratorios de Guitarra publicados na nosa web , xa que nos axudarán a asimilar e aprender de forma máis rápida os contidos este Laboratorio.

Preciso algún material específico?

Necesitamos a nosa guitarra (neste caso o curso está orientado á guitarra acústica e eléctrica, e ainda que poderíamos utilizar a guitarra española, non é a ideal para  este conxunto de titoríais), afinador, púas , metrónomo e SLIDE (será utilizado no terceiro titoríal).

Obxectivos xerais de Curiosidades Guitarriles:

  • Recoñecer o valor do instrumento que nos ocupa (a guitarra) como ferramenta“fundamental” e “omnipresente” na música Compostelana, apreciando a súa presencia en si non todos, en casi tódolos estilos musicais que atopamos na cidade.
  • Aprender a identificar os diferentes tipos de afinacións alternativas que se presentan.
  • Aplicar os  acordes recomendados nos exemplos  ofrecidos con certa soltura, así como as diferentes técnicas mostradas.
  • Descubrir que a orixe destas afinacións responde a  estilos musicais concretos, podemos utilizalas en outros estilos, multiplicando as posibilidades do noso instrumento.
  • Usar o “Slide” o “Botle neck” en pequenas secuencias musicais con limpeza e de maneira afinada.

Leccións do curso:

1. Introducción o laboratorio e afinación alternativa DADGAD, música  tradicional (folk do arco Atlántico)
2. DADGAD, música Country- blues.
3. OPEN D. O “slide”.

Cal é o público ideal desta formación?

Este curso está pensado para as persoas que queiran afondar nos estilos musicaís anteriormente citados e descubrir e ampliar as posibilidades  técnicas do instrumento, en base a súa afinación.

Que vou aprender neste curso que non sabía xa?

Aprenderemos tres tipos de afinacións alternativas  para a guitarra e as súas aplicacións en diferentes estilos musicaís, ampliando a perspectiva que temos do noso instrumento e multiplicando as posibilidades que este nos ofrece.
Descubriremos unha nova herramienta, o “slide” ou “bottle neck” así como a maneira de usalo en determinados estilos musicais, ademais de recoñecer o timbre que este novo elemento nos proporciona.

Se tiveses algunha dúbida, lembra que podes contactar co equipo do Centro Xove antes de comezar.

Lecciones

Curiosidades Guitarriles: 2-DADGAD NO BLUES/COUNTRY

Autor: Centro Xove de Creación Cultural

Neste titorial continuamos  coa proposta da  afinación alternativa  DADGAD xa mostrada no anterior vídeo. Reflectiremos a utilización deste tipo de afinación na música country/blues, aprendendo novas posicións de acordes e súa aplicación. Centraremonos no acompañamento o base rítmica, sen descoidar a aparición de pequenos arranxos, a modo de exemplo, coa intención de aprender e aplicar […]

Curiosidades Guitarriles: 3- OPEN D.  RAÍCES DO BLUES

Autor: Centro Xove de Creación Cultural

Este titorial está dedicado á afinación alternativa coñecida como “Open D”, ou “Re aberto”. Presentamos este vídeo coa idea de mostrar unha alternativa técnica que… Amplía  o espectro de posibilidades á hora de interpretar temas musicais  de diversos estilos Permítenos afondar na diversidade de xéneros dentro do blues. Mostraremos detidamente a afinación de cada unha […]

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?