
¿Queres mellorar a túa técnica de composición? Esta é a túa oportunidade! Co curso básico de composición aprenderás a enfocar correctamente, e dende un punto de vista formal, a composición de cancións. Fundamentalmente en galego e castelán.
Este obradoiro de composición consta de 6 sesións enfocadas cara persoas que queren mellorar o seu proceso compositivo ou que queren iniciarse nesta labor de creación. Vai toda a información!
Máis detalles sobre o curso básico de composición:
- Quen imparte? Guillermo. Músico profesional freelance de directo e estudio dende 2016, e docente no Centro Xove.
- Como podo contactar? guillermo@centroxove.com
Preciso coñecementos previos?
- Sería apropiado ter coñecementos básicos sobre harmonía, e algo de experiencia compoñendo cancións.
- É vital que toques algún instrumento melódico, como a guitarra ou o piano, aínda que podes suplir isto con programas informáticos. Sería un bo momento para afrontar o aprendizaxe dun instrumento deste tipo!
Debería facer algún outro curso antes?
- Non.
Preciso algún material específico?
- Algo de equipo de gravación.
Obxectivos xerais do curso básico de composición:
- Implementar a visión do escritor no proceso de composición.
- Comprender como se forman os acordes menores e maiores.
- Escribir melodías dende o ritmo.
- Entender o valor das cancións.
- Xenerar ideas novas para a escritura.
- Desenvolver a escritura.
- Comprender a tonalidade.
- Coñecer o significado e manexo da métrica e da rima.
- Coñecer a estrutura das cancións.
- Crear un bocexo básico de canción.
Leccións do curso:
- Cinco elementos básicos para escribir unha canción: letra, melodía, harmonía, ritmo e estrutura da canción.
- Escribir para expresar un sentimento ou unha historia.
- Harmonía: ¿cómo se formas os acordes? Significado das dúas “cores” básicas entre os tipos de acordes: maiores e menores.
- Escritura de melodía dende o ritmo. Motivo melódico.
- Estrutura dunha canción.
- Xuntar os 5 elementos para formar un primer bocexo da canción.
Cal é o público ideal desta formación?
- Este curso é ideal para alguén que queira lanzarse por fin a componer ou a mellorar as súas composición. Ideal para as persoas usuarias do Centro Xove e dos locais de ensaio.
Que vou aprender neste curso que non sabía xa?
- Neste curso imos implementar os coñecementos e pasos necesarios para obter un bocexo inicial dunha canción dun xeito razonado e planificado.
- Se tiveses algunha duda, lembra que podes contactar co docente vía guillermo@centroxove.com
Lecciones
Presentación + lección 1: a letra
Lección 2: harmonía
Como se forman os acordes? Que dúas cores básicas temos na nosa paleta? Como podemos aproveitalas? Estas son algunhas das preguntas que convén saber dar resposta antes de afrontar o…
Lección 3: melodía e ritmo
A melodía é o punto esencial de todo o que ocorre na canción, dito de forma máis sinxela: A melodía é o que se canta. Ten dous elementos: as notas…
Lección 4: estrutura
A maioría das cancións que escoitamos teñen unha estrutura sinxela de definir e que resulta familiar. É o que denominamos a forma da canción. É importante comprender que a forma…
Lección 5: primeiro bocexo
Chegados a este punto, xa debemos ter un bocexo da nosa canción. Debemos xuntar os elementos traballados nas sesións anteriores. Se vos podedes grabar, e queredes, podedes enviarnos as vosas…