
¿Tes una idea de actividade cultural na cabeza que che gustaría levar a cabo? ¿Non sabes por onde comezar? Pois…o curso de creación de proxectos culturais é o que precisas!
Obviamente, para levar a cabo un proxecto cultural, fai falta tempo, estudos e experiencia. Malia isto, con este curso, pretendemos dar unas nocións básicas de como estruturar as vosas ideas para convertelas nun proxecto cultural. E, quen sabe, nun futuro nunha actividade real coa que participar no Centro Xove!
En suma, é unha pequena introdución ó mundo dos proxectos culturais, no que iremos profundizando en vindeiras edicións. Basearémonos nas 10 preguntas que nos ofrece Ander Egg (filosofo e sociólogo).
Máis información sobre o curso de creación de proxectos culturais (básico)
- Quen imparte? María Alonso, Xestora Cultural e Animadora Sociocultural do Centro Xove.
- Como podo contactar? info@centroxove.com
- Preciso coñecementos previos? Non é necesario, realizaremos una pequena estrutura de como orientar a túa idea para convertela nun proxecto cultural dende cero.
- Canto dura o curso? O curso ten unha duración total aproximada de entre 2 e 4 horas, dependendo do teu ritmo de aprendizaxe e práctica.
- Debo facer algún outro curso antes? Non.
- Preciso algún material específico? Non.
- Obxectivos xerais do curso básico de Proxectos culturais:
Obxectivos xerais do curso de creación de proxectos culturais (básico):
O obxectivo principal do curso de creación de proxectos culturais (básico) é que desenvolvas as habilidades esenciais para transformar a túa idea nun proxecto cultural respondendo ás 10 preguntas de estratexia que nos facilita Ander Egg.
Leccións do curso:
- Introdución os Proxectos Culturais. Teño una idea de proxecto cultural, por onde empezo?
Cal é o público ideal desta formación?
Este curso está orientado a calquera persoa que queira aprender a deseñar un proxecto cultural para presentar a diferentes entidades. Lóxicamente, a súa aplicación máis específica é para o Centro Xove de Creación Cultural.
Que vou aprender neste curso que non sabía xa?
Aprenderás a crear un breve proxecto cultural coas nocións básicas, para darlle sentido a esa idea que che ronda na cabeza.
Precisas algunha axuda?
Podes contactar coa docente enviando un correo a info@centroxove.com coas túas dúbidas!