Curso de SEO local

o accede para ver este curso.

¿Queres posicionar unha páxina ou proxecto de forma local? O curso de SEO local oriéntase xusto a iso: axudar a dar visibilidade ó que fas, pero na contorna.

Estas búsquedas por ubicación son especialmente importantes no contexto actual, no que damos moita importancia á proximidade dos servizos. É algo relevante para calquer proxecto que precise gañar visibilidade nun lugar específico (por exemplo, en Santiago de Compostela e comarca).

Este curso parte de certas premisas que se comentan no curso de SEO para principiantes. Se non fixeches este antes, recomendamos que o completes, xa que fálase das ferramentas que empregaremos para sacar todo o partido a esta formación.

Máis detalles sobre o curso de SEO local

  • Quen imparte? Suso Magaña
  • Como podo contactar? info@centroxove.com
  • Preciso coñecementos previos? Recomendamos realizar o noso curso de SEO para principiantes. Fóra diso, axudará que manexes WordPress e Google My Business, e teñas certo coñecemento na redacción de contidos.
  • Canto dura o curso? O curso ten unha duración total aproximada de entre 3 e 5 horas, dependendo do teu ritmo de aprendizaxe e práctica. Dito ritmo depende de cada persoa, pero recomendo traballar unha lección por día como máximo, e adicar entre 30 e 60 minutos á práctica dos contidos antes de continuar. En total, consideremos entre 5 e 10 horas de prácticas como o recomendado para dominar os contidos do curso.
  • Debería facer algún outro curso antes? Sí, o curso de SEO para principiantes é imprescindible, agás se tiveses coñecementos previos de SEO.
  • Preciso algún material específico? Non. Abonda cun computador e conexión á rede.

Obxectivos xerais do curso de SEO local:

O obxectivo principal do curso de SEO local é que desenvolvas as habilidades esenciais para posicionar un proxecto en Internet de forma localizada. É dicir: lograr que o teu proxecto apareza cando alguén faga unha búsqueda na rede, pero dentro dun marco xeográfico específico.

En concreto, os obxectivos xerais son:

  • Aprender a posicionar un proxecto en Internet de forma local, a través de técnicas SEO.
  • Dominar as ferramentas clave para o traballo de SEO local.
  • Desenvolver un plan de posicionamento propio e de forma para o teu SEO local, tanto dentro como fóra dunha páxina web.

Leccións do curso:

  • Presentación: que é o SEO local?
  • Optimización da túa web para SEO local: contidos, contacto e aspectos técnicos
  • Optimización fóra da túa web para SEO local: link building, mencións e sinais sociais.
  • Redes sociais e reviews no SEO local
  • Manexando Google My Business
  • Conclusión e consellos finais: unha visión holística do SEO local

Cal é o público ideal desta formación?

Este curso é ideal para persoas que queiran aprender a posicionar proxectos en Internet, específicamente no eido local. Se tedes interese no marketing dixital, de contidos ou na comunicación por Internet, é unha formación de gran utilidade e carácter complementario.

Que vou aprender neste curso que non sabía xa?

Aprenderás a posicionar en Internet de forma local, entendendo os factores que inflúen e como o fan. Adquirirás todas as técnicas, estratexias e ferramentas necesarias para traballar ese posicionamento, recollidas de forma ordenada neste curso de SEO local.

Algunha dúbida sobre o curso de SEO local?

Podes contactar co docente enviando un correo a info@centroxove.com coas túas cuestións. Recibirás atención totalmente individualizada!

Lecciones

Optimización da túa web para SEO local

Autor: Centro Xove de Creación Cultural

Nesta lección imos falar do moito que podes facer para acadar un bo posicionamento empregando o seo local. En concreto, repasaremos os factores que inflúen nunha páxina web para indicar ós motores de búsqueda que existimos nun marco xeográfico: Aspectos de contido: mención específicas nos contidos e keywords Aspectos técnicos: snipets e maps A importancia […]

Optimización fóra da túa web para SEO local

Autor: Centro Xove de Creación Cultural

Nesta lección imos falar de conceptos esenciais para o SEO local. En concreto, tocaremos os seguintes apartados: Link building ou construción de ligazóns, e a súa importancia. Mencións sociais. Reviews locais. Falaremos das boas prácticas neste sentido, diferenciándoas do spam, e daremos algúns consellos para mellorar a nosa estratexia de SEO local. Prácticas recomendadas: Revisade […]

Redes sociais e reviews

Autor: Centro Xove de Creación Cultural

Nesta lección imos do impacto que poden ter as redes sociais no noso proxecto, abondando na relevancia dos sinais sociais de cara a un proxecto local. Ademais, incidiremos nos elementos clave dos que non falamos sobre as reviews: que facer con elas (e que non), valorando se é mellor (ou non) ter máis, e a […]

Manexando Google My Business

Autor: Centro Xove de Creación Cultural

Nesta lección afondaremos nunha ferramente esencial para o SEO local: Google My Business. É especialmente relevante se contas cun negocio ou proxecto que da servizo nun área concreta. Malia isto, no caso de que queiras posicionarte a nivel local ou ter un bo coñecemento deste ámbito, resulta esencial coñecer esta ferramenta. Prácticas recomendadas: Crea o […]

Conclusión e consellos finais

Autor: Centro Xove de Creación Cultural

Nesta derradeira lección imos falar da perspectiva holística do SEO local. Como xa sabes, acadar un bo posicionamento vai depender de moitos factores: unha páxina web ben feita e en mellora constante, contar con Google My Business, apoiarte en redes ou sinais sociais e, sobre todo, non facer trampas! Falaremos tamén da importancia de investigar […]

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?