DESEÑO GRÁFICO E EDICIÓN DE FOTOS PARA PRINCIPIANTES

o accede para ver este curso.

Mólache a fotografía e o deseño? Queres ter uns fotóns para as redes sociais e non sabes como editalas? Gustaríache aprender a deseñar uns carteis para promocionar a túa organización, asociación ou banda? POIS ESTE CURSO ESTATE ESPERANDO!

Ofrecémosche un media kit para poder brindar toda a información precisa sobre o teu grupo, marca, servizos, produtos, ou simplemente para darlle un toque de luz e cor as túas fotos.

Con estes programas de software gratuíto, é fácil deseñar un media kit perfecto cos puntos fortes da túa marca.
Todo o sistema está baseado en clics, o que significa que podes crear o teu propio deseño co teu ordenador e un rato.

É preciso que teña experiencia no deseño ou edición de fotografía?

Non. Aínda que sempre axudará calquera formación previa que teñas, o curso está aberto a todas as persoas que teñades ganas de deseñar e editar.
Non se requiren coñecementos de deseño gráfico nin de programación.

Con un pouco de práctica e algún ensaio-erro, deberías poder dominar os conceptos básicos do deseño en so uns minutos.
Non teñas medo de experimentar con varias opcións. Verás os resultados dos teus cambios inmediatamente e poderás modificalos con so uns poucos clics do rato.

Canto dura o curso?

Pois depende. O curso está planificado para que poida ser seguido de xeito autónomo por calquera persoa, cunha duración de 3 meses, contando co visionado dun vídeo por mes. Pero sobre todo a duración dependerá da túa dispoñibilidade e sobre todo da túa dedicación.

Necesito algo en especial antes de comezar?

Si. Ganas de darlle vída os teus deseños e fotografía :))

Que material preciso?

Un ordenador, conexión a internet e baixar os programas gratuitos.

Se tiveses algunha dúbida, lembra que podes contactar co equipo do Centro Xove antes de comezar.

 

 

Lecciones

GIMP 2: DESEÑO GRÁFICO E EDICIÓN DE FOTOS PARA PRINCIPIANTES (software libre)

Autor: Dpto. Animación Centro Xove de Creación Cultural

GIMP é unha ferramenta de edición e retoque de imaxes para Windows, Mac OS X y GNU/Linux, entre outros sistemas operativos. Se che gustaría ser (ou xa es): Artista gráfico/a Deseñador/a Estudante Científico/a Este vídeo tutorial interesache! Xa que GIMP ofréceche ferramentas profesionais que levan a cabo perfectamente as súas tarefas. Podes mellorar a túa […]

Deseño gráfico e edición de fotos para principiantes: INKSCAPE (software libre)

Autor: Dpto. Animación Centro Xove de Creación Cultural

Nesta última entrega do Curso de Deseño Gráfico e Edición de fotografías, descubriremos o programa de software libre, INKSCAPE de vectores gráficos de calidade profesional para Windows, Mac OS X e GNU/Linux. Usado por deseñadores profesionais e aficionados de todo o mundo para crear unha gran variedade de gráficos como ilustracións, iconos, logos, diagramas, mapas […]

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?