LABORATORIO CORAL: MÓDULO 4- TEACH ME THE BLUES

o accede para ver este curso.

Nesta cuarta entrega do Laboratorio Coral cantaremos Teach me the blues. É un tema orixinal composto especificamente para coro, feito e arranxado polo recoñecido arranxista coral Kirby Shaw.

É moi animada, sinxela de montar e ten carácter didáctico, xa que na letra fala da propia estrutura harmónica máis común na música blues.

Incorpora ademais, un xogo divertido de chamada e resposta vocal, nunha das súas voltas.

Veña, imos cantar “o bluuues”!

Calquera dúbida e suxerencia, podedes escribir a xabier.mera@centroxove.com

Lección

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?