
Nesta quinta entrega do Laboratorio Coral, cantaremos Moon River.
É unha composición de Johnny Mercer (letra) e o grande Henry Mancini (música) de 1961, que gañou o Oscar á mellor canción orixinal dese ano.
Foi escrito expresamente por Henry Mancini para Audrey Hepburn polo seu papel na película Breakfast at Tiffany’s e ao ano seguinte gañou o premio Grammy ao disco do ano (fonte: Wikipedia).