
En este Laboratorio de Guitarra 2 continuamos aprendendo (ver Laboratorio de Guitarra 1):
- Novos acordes.
- Novas técnicas da man dereita relacionadas e orientadas o ritmo (rasgueos e arpegios cos dedos ou coa púa).
- Diferentes temas musicais míticos, nos que aplicaremos as técnicas e os acordes que propendermos neste novo Laboratorio.
- Novos conceptos relacionados coa teoría musical e máis en concreto coa teoría musical aplicada á guitarra.
Ademais daremos unha serie de recomendacións (trucos), para a correcta execución de determinadas técnicas tales como o capo (acordes de capo) .
Tamén recuperaremos o tema “House of the rising sun” para aprender a tocalo exactamente como aparece na versión The Animals.
Preciso coñecementos previos para o Laboratorio de Guitarra 2?
É recomendable coñecelos titoriais dos “Laboratorios de Guitarra” anteriores xa que se trata dunha continuación.
Canto dura o curso Laboratorio de Guitarra 2?
A duración total do material ofrecido é de 50 minutos (10 vídeos de 5 minutos de duración).
Recomendase dedicarlle a cada vídeo unha semana de práctica e unha hora de práctica diaria (mínimo).
Debería facer algún outro curso antes?
É recomendable coñecelos titoriais dos “Laboratorios de Guitarra” anteriores, xa que o Laboratorio de Guitarra 2 é unha continuación.
Preciso algún material específico?
Para realizar o noso laboratorio é preciso o teu instrumento, afinador, metrónomo e púas.
Obxectivos xerais do Laboratorio de Guitarra 2:
1. Aprender a recoñecer e executar con “limpeza” acordes de capo maiores e menores con tónica na quinta e sexta corda así como os acordes de quinta con tónica na quinta e sexta corda.
2. Aprender e executar as novas técnicas de man dereita recomendadas e perfeccionar as estudadas en anteriores Laboratorios (résgueos, técnicas de arpegios e de pulgar, vinculados á man dereita).
3. Coñecer e reconocer la nota Tónica de un acorde.
4. Aprender e tocar as cancións propostas no Laboratorio de Guitarra 2 con certa habilidade aplicando as técnicas aprendidas.
5. Utilizar a púa e os dedos da man dereita con certa plasticidade á hora de interpretar os temas musicais recomendados.
6. Comprender os conceptos de “Grado” musical , rffs de guitarra e nota tónica.
Leccións do curso Laboratorio de Guitarra 2:
1. Introdución o “Laboratorio de Guitarra 2” O capo. Trucos prácticos.
2. O prometido é débeda. “House of the rising sun” o milímetro.
3. Acordes maiores e menores de capo con tónica na sexta corda.
4. “Feeling Good” Nina Simone. Técnicas de pulgar, muteo e rasgueo. Dinámica.
5. “Feeling Good” 2. Arpegios ascendentes. Máis opcións dinámicas.
6. “Feeling Good” 3. Máis tipos de arpegios.
7. Acordes maiores e menores con tónica na quinta corda.
8. Práctica de acordes maiores e menores de capo. “Feeling Good”.
9. “Feeling Good”. Dedos vs púa.
10. Acordes de quinta. Introdución. Riff´s de Black Sabbath
Que vou aprender neste curso que non sabía xa?
Aprenderemos una serie de trucos para realizar os acordes maiores e menores con capo coa súa nota tónica na quinta e sexta corda e acordes de quinta (power chords), con limpeza e certa habilidade, así como recoñecer e localizar os diferentes acordes de estas características por todo o mástil.
Tamén o concepto de nota tónica e dinámica na música , ademais de diferentes técnicas de arpegiado e rasgueo. Todo elo practicando con cancións novas.
Ó recomendarse para persoas que comezan na guitarra, asumimos que progresarás acadando todos os obxectivos indicados previamente.
Coñecerás, en suma, o básico para desfrutar co instrumento e experimentar!
Se tiveses algunha dúbida, lembra que podes contactar co equipo do Centro Xove antes de comezar no Laboratorio de Guitarra 2. info@centroxove.com
Ou podes contactar co profe:
miguel.martinez@centroxove.com
Lecciones
Introducción: O capo. Trucos Prácticos
LABORATORIO DE GUITARRA 2: Capítulo 2: O prometido é deuda. House of the rising sun o milímetro
No segundo tutorial do “Laboratorio de Guitarra 2” poderás estudiar e repasar: Técnica de Capo (acordes de capo) Avance e profundización da técnica do uso da púa. Para elo afondaremos…