Recuncho Verde

o accede para ver este curso.

Recuncho Verde nace como resposta á necesidade da poboación de retomar o contacto coa natureza e de achegar ás cidades lugares onde poder acceder a ela coa fin de mellorar as nosas relacións co medio ambiente. E, por suposto, poñer a disposición dos cidadáns un lugar de desconexión, aprendizaxe e lecer.

Debido a isto, xorde a idea de crear un recuncho onde a natureza sexa a protagonista. Onde poder acudir para aprender a cultivar na casa, informarse sobre métodos de vida sostible ou, simplemente, para relaxarse practicando tarefas de xardinería básica, entre outras cousas. 

Como método para complementar a formación presencial ás actividades do Recuncho Verde do Centro Xove de Creación Cultural, e permitir a participación a aquelas persoas que non poden asistir ao obradoiro presencial, propoñemos este contido online. En forma de vídeos onde se fala, fundamentalmente, de estilos de vida sostibles e “Zero Waste.

Máis detalles sobre Recuncho Verde

  • Quen imparte? Sandra Martínez Martínez, Bióloga responsable do Recuncho Verde.
  • Como podo contactar? info@centroxove.com
  • Preciso coñecementos previos? Non
  • Canto dura o curso? De setembro a decembro, cunha sesión semanal de aproximadamente 1 hora.
  • Debería facer algún outro curso antes? Non se require
  • Preciso algún material específico? En cada vídeo titorial se especificará o material que se precisa para levar a cabo a sesión.

Obxectivos xerais do curso Recuncho Verde:

  1. Familiarizarse co espazo da horta interior e utilizalo como punto central de aprendizaxe.
  2. Introducir o concepto de métodos de vida sostibles e dotar aos participantes de técnicas
    para levalos a cabo (reciclaxe, alimentación, aforro de auga, etc.).
  3. Achegar ás persoas participantes ao medio natural mediante actividades ao aire libre en
    espazos locais.

Leccións do curso:

  • Receitas Zero Waste
  • Coidados naturais

Cal é o público ideal desta formación?

Toda persoa interesada en levar un estilo de vida sostible e saudable!

Precisas máis información?

No caso de que precises axuda ou orientación, contacta co equipo do Centro Xove aquí.

Lecciones

Lección 2: Coidados naturais: máscara para o cabelo

Duración: 10 minutosAutor: Centro Xove de Creación CulturalComplejidad: Fácil

Algo esencial para levar a cabo unha forma de vida sostible e que nos pode permitir reducir en gran medida a utilización de plásticos, é aprender a coidarnos utilizando produtos naturais. Para iso, os participantes aprenderán a elaborar as súas propias máscaras para o pelo con froitas. Máis detalles sobre o curso Recuncho Verde: Quen […]

Lección 3: Recetas con cabaza para facer este inverno

Duración: 10 minutosAutor: Centro Xove de Creación CulturalComplejidad: Fácil

Unha parte moi importante para levar a cabo unha vida máis sostible é a alimentación. Por iso, os imos aprender a realizar algunhas receitas saudables, ricas, xerando poucos residuos e fomentando o comercio local. Máis detalles sobre o curso Recuncho Verde: Quen imparte? Sandra, Bióloga e responsable do Recuncho Verde Como podo contactar se preciso […]

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?