Tips para baixistas

o accede para ver este curso.

Cal é o meu baixo ideal? Hai quen leva un tempo pensando en comprar un baixo eléctrico e non da decidido. Ese é un dos temas que tocamos nestes tips para baixistas.

Sempre que se vaia a comprar un instrumento xorde a dúbida de se é a elección correcta. Primeiro Consello: non importa que baixo compres, senón as gañas e tempo que lle vaias adicar.

Coa gran variedade de modelos, prezos e características que hai, tomar unha decisión non é unha cousa fácil. Intentaremos darte unah serie de consellos para facilitar a túa elección e poder adquirir un baixo que se axuste as túas necesidades.

Pode xurdir a tamén a dúbida acerca de comprar en liña ou en tenda física. É importante apoiar o emprego directo da cidade e ademáis se vas á tenda poderás recibir consellos e información de primeira man dos profesionais que alí traballan para axudarche a decidir. De todos os xeitos, se te decides pola modalidade en liña ou en tenda física, novo ou de segunda man, sempre hai que ter en conta as mesmas cousas!

Máis que o tipo de modelo de baixo e independentemente do prezo e marca que adquiras, o máis importante é que estea ben fabricado. E lembra… o mellor son está nas túas mans!!

Tips para baixo eléctrico: sobre a formación:

  • Quen imparte? Guillermo Vistoso. Compositor, cantante e guitarrista como músico profesional freelance de directo e estudio dende 2016.

Preciso coñecementos previos?

  • Non, malia que está orientado a persoas que tocan o baixo eléctrico.

Obxectivos dos nosos tips para baixistas:

  • Aprender a detectar os problemas dun baixo
  • Coñecer mellor o instrumento
  • Aprender a avaliar un instrumento antes da súa compra

Leccións do curso:

  1. Construcción, escala e peso
  2. Axuste e acción
  3. Calidade da madeira e da electrónica

Cal é o público ideal desta formación?

  • Este curso é ideal para baixistas das bandas residentes do Centro Xove, ou calquer baixista que queira aprender a avaliar un instrumento para a súa compra.

Que vou aprender neste curso que non sabía xa?

  • Avaliar un baixo según a súa caldiade, construcción, axuste, etc.

Como podo contactar:

Como podo contactar? guillermo@centroxove.com ou info@centroxove.com. Lembra que tamén podes solicitar unha formación instrumental en baixo eléctrico gratuita no Centro Xove, para consolidar os tips para baixistas aquí aprendidos.

Lecciones

2. Axuste e acción

Autor: Centro Xove de Creación Cultural

Algo que nunca debes esquencer é revisar a curvatura do mastro. Cando o mastro é demasiado curvo, a acción é máis alta provocando que teñas que exercer maior forza para presionar as cordas e que che canses antes. Non tódolos baixos admiten moitas variacións de acción sin desenrolar problemas de trasteo. Aquí veremos como comprobar […]

3. Calidade da madeira e da electrónica

Autor: Centro Xove de Creación Cultural

Debes escoitar o son do baixo sen amplificar. Aínda que sexa un instrumento eléctrico. Canta maior calidade ten a madeira e máis robusta sexa a súa construción e o son sen  amplificar será máis nítido e claro. Todos os baixos deben soar sen enchufar, sexan baratos ou caros. Por último comproba a electrónica e que […]

1
Precisas algo?
Solicita gratis a túa sesión individual co noso profe de baixo para resolver dúbidas!