Lanzamos dous novos cursos presenciais de guitarra e baixo no Centro Xove!

Queres saber de que vai cada un e inscribirte? Velaquí toda a información!

Cursos presenciais de guitarra e baixo do Centro Xove

Estes cursos presenciais veñen a sumarse á nosa oferta de cursos en liña do Centro Xove, claro.

En concreto, lanzamos dous: iniciación ó mundo da guitarra e un curso de baixo eléctrico para principiantes.

Iniciación ó mundo da guitarra

¿Queres aprender a tocar as túas canción favoritas? Esta é a túa oportunidade!

Este curso está enfocado cara persoas que queren comezar a descubrir o mundo da guitarra ou que xa teñen nocións moi básicas do instrumento pero queren mellorar a súa técnica e ampliar os seus coñecementos.

En cada unha das sesión traballaremos conceptos clave para un bo desenvolvemento das aptitudes musicais coa guitarra, dun xeito moi práctico e dinámico. Iso si, con algo de traballo de entrenamento individual para a casa durante o período de tempo entre sesións!

Información clave:

  • Canto dura o curso? 10 horas, repartidas en 2 meses e medio, cunha clase semanal.
  • Cando comeza? Mediados de novembro a finais de xaneiro.
  • Cales son os horarios? Podes escoller o grupo 1 (martes de 17 a 18 horas) ou o grupo 2 (xoves de 17 a 18 horas).
  • Preciso coñecementos previos? Non. Comezaremos a descubrir dende cero todo o necesario para aprender a tocar a guitarra.
  • Preciso algún material específico? Sí. Guitarra acústica ou española, afinador (ou app no móbil), puga e gañas de aprender!
  • Quen imparte? Guillermo Vistoso. Compositor, cantante e guitarrista. Músico profesional freelance de directo e estudio dende 2016.

Curso de baixo eléctrico para principiantes:

Este curso está enfocado cara persoas que queren comezar a descubrir o baixo eléctrico. Ofrece unha detallada e completa formación do máis básico do instrumento, independentemente do estilo que se queira tocar.

En cada unha das sesión traballaremos conceptos clave para un bo desenvolvemento das aptitudes musicais co baixo, dun xeito moi práctico e dinámico. Terás que tocar na casa e practicar entre sesións!

Información clave do curso de baixo eléctrico:

  • Canto dura o curso? 10 horas, repartidas en 2 meses e medio, cunha clase semanal.
  • Cando comeza? Mediados de novembro a finais de xaneiro.
  • Cales son os horarios? Martes de 16 a 17 horas.
  • Preciso coñecementos previos? Non. Comezaremos a descubrir dende cero todo o necesario para aprender a tocar o baixo.
  • Preciso algún material específico? Sí. Baixo eléctrico ou acústico, afinador (ou app no móbil), jack e gañas de aprender!
  • Quen imparte? Guillermo Vistoso. Compositor, cantante e guitarrista. Músico profesional freelance de directo e estudio dende 2016.

Inscricións nos cursos

Para poder participar nos grupos, cómpre ter en conta que:

  • A oferta total é de 6 prazas por grupo, en rigorosa orde de inscrición.
  • Terán prioridade as persoas de 14 a 35 anos empadroadas en Santiago de Compostela.
  • O prazo de inscrición comprende do 5 ó 12 de novembro, ambos incluidos.

É posible participar nas dúas formacións (guitarra e baixo). Lembrade que estas actividades son gratuitas, xa que as subvenciona a Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela.

Para inscribirte, precisamos que envíes un correo a info@centroxove.com cos seguintes datos:

  • Nome e apelidos.
  • Data de nacemento.
  • Número do teu DNI ou documento de identidade.
  • Teléfono e correo electrónico de contacto.
  • Indica se estás empadroado en Santiago de Compostela.
  • Grupo no que queres participar: guitarra (grupo 1 ou 2), baixo ou ambos.

Alternativamente, tamén podes enviarnos a información por WhatsApp/Telegram ó 722 720 992, chamar por teléfono ou achegarte persoalmente polo espazo.

Cando se anunciarán os listados de persoas inscritas?

Remitiremos os listados de persoas inscritas e en lista de agarda o venres 12 de novembro por correo electrónico a última hora do día.

As actividades comezarán a semana do 15 de novembro. Lembra que, se tiveses algunha dúbida, podes contactar co equipo do Centro Xove para recibir atención persoalizada!

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?