Emprende 🚀

servizo Emprende do Centro Xove busca acompañar e apoiar a aquelas persoas usuarias do espazo ou bandas residentes nos locais municipais de ensaio do Concello de Santiago de Compostela nos seus proxectos. Contas cunha iniciativa profesional que non sabes como desenvolver? Nese caso, isto é para ti.

Co servizo obterás ferramentas centradas en axudarte a lanzar o teu proxecto: analizar a idea, elaborar unha folla de ruta, aspectos a ter en conta, oportunidades… todo iso e moito máis!

Tanto se traballas nunha banda residente e queres acadar un estatus profesional coma se estás pensando en montar o teu primeiro proxecto de emprendemento en formato dixital, un portfolio ou un pequeno negocio local, contarás cun asesoramento personalizado para axudarte.

Cales son os requisitos para participar?

O servizo Emprende pode ser solicitado por persoas usuarias do Centro Xove (14 a 35 anos, empadroadas en Santiago de Compostela), así coma as bandas residentes nos locais de ensaio.

É un servizo gratuito, dirixido polo propio equipo do Centro Xove, a través das figuras máis axeitadas para cada proxecto. Segundo o teu perfil e proposta, destinaremos á persoa máis aquelada do noso equipo para orientarte (ou a varias!).

Cal é a duración de cada formación?

O servizo Emprende ofértase en dúas modalidades independentes e non excluintes entre sí. É dicir: podes concorrer a unha ou ambas. A oferta, pois, é a seguinte:

  • Bandas residentes no Centro Xove: ata dúas banda por mes, cunha oferta de ata 4 horas de formación individualizada. Poderá solicitarse de forma ilimitada durante todo o curso (outubro a xuño, ambos incluidos), sempre en orde de solicitude.
  • Iniciativas persoais de emprendemento: ata un proxecto por mes, cunha oferta de ata 2 horas de formación específica. Poderá solicitarse ata 3 veces durante todo o curso (outubro a xuño, ambos incluidos), sempre en orde de solicitude.

Como podo solicitalo?

Se queres que colaboremos co teu proxecto, precisaremos que nos remitas o seguinte documento no que expoñas a túa proposta. É imprescindible que se cubra esta proposta.

Descargar modelo de proposta para Emprende!

Poderás remitilo e solicitar a túa formación de Emprende polas canles habituais (de forma presencial no espazo, enviando un correo electrónico a info@centroxove.com, chamando ou enviando un WhatsApp/Telegram). A partir dese punto, concretaremos contigo os seguintes pasos.

Queda algunha dúbida?

Lembra que a través do programa Emprende o Centro Xove non obtén nin acepta ningún tipo de beneficio nin contraprestación. Trátase dunha proposta formativa, orientada a apoiar á mocidade usuaria do centro nos seus proxectos de emprendemento, nomeadamente de carácter musical ou de iniciativa individual.

Por outra banda, non se inclúe axuda na toma de decisións sobre deberes fiscais, económicos, investementos ou outras que poidan afectar á economía persoal. Trátase dun espazo formativo e de reflexión, no que adquirir experiencias e coñecementos esenciais para a aplicación con carácter profesional, pero non é unha incubadora de negocios nin dun coworking.

No caso de que teñas algunha dúbida, podes contactar co Centro Xove e recibir atención totalmente personalizada.

1
Precisas algo?
Queres axendar unha sesión de coaching para bandas?