Espazos do Cx

Sala Principal

Este é o espazo principal do Centro Xove, no que realizamos formacións e eventos de todo tipo.

Conta con escenario, caixa negra, equipo de son e iluminación, e un montón de cousiñas xeitosas. Se cadra queda feo que o digamos nós, pero a verdade é que está moi ben equipada.

Máis info

Locais de ensaio

Contamos con 3 locais de ensaio para a mocidade, de uso libre, limitado e gratuito para as bandas de Santiago de Compostela.

Cada un dos locais é independente, conta co seu equipo, e cédese un mínimo de dúas horas por semana a cada grupo.

Máis info

Estudio de gravación

Dentro do Centro Xove temos un pequeno estudio de gravación para as bandas residentes dos locais.

Temos a capacidade de materializar pequenas producións grazas ao noso técnico de son e equipo propio. É un servizo exclusivo para gravar demos e maquetas dos grupos residentes.

Máis info

Sala de xuntas

No Centro Xove temos unha sala de xuntas para pequenas reunións. Desas chulas, con cristais nos que podes escribir e ben equipada.

Se queres, podes reservala para formacións en pequeno formato, xuntanzas ou usos semellantes que poidas precisar.

Máis info

Sala de informática

Facilitamos un punto de acceso á Internet WiFi, no que poderás utilizar o teu portátil, cargar móbiles e gozar da rede.

Esta sala de informática non require reserva. No futuro instalaremos portátiles propios; polo de agora, debes traer o teu!

Máis info

Outros servizos

No Centro Xove podemos (e queremos) adaptarnos ás túas necesidades. Se precisas algo en concreto, fala co noso equipo.

Consúltanos sobre a nosa ludoteca, zonas de intercambio cultural, servizos de préstamo de equipo para músicos e moitas opcións adicionais.

Máis info

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

Sesión de usuario.
Comentarios
Seguridad
Aceptación de cookies