Estudo de gravación

O estudio de gravación do Centro Xove está a disposición de todas as bandas residentes nos locais municipais de ensaio do Concello de Santiago de Compostela.

En concreto, cando falamos de estudo, facemos referencia a un servizo para pequenas producións como demos e maquetas. Conta coas seguintes capacidades:

  • Equipo propio e habitual dispoñible nos locais de ensaio.
  • O estudio está sonorizado e insonorizado, mellorando a produción resultante.
  • Dispoñibilidade dun técnico de son propio, cun enfoque didáctico e formativo, que axudará e guiará ás bandas residentes para producir os seus temas.
  • Contamos cun ordenador de produción, mesa de misturas, altofalantes e zona para o técnico separada por cristal.
  • Posibilidade de gravar videoclips e editar o propio vídeo co noso computador.
  • Accesible para persoas con mobilidade reducida.

En xeral, pensamos no noso estudio de gravación como un lugar no que familiarizarse co mundo da gravación e produción, ofrecéndolles así servizos para a profesionalización ás nosas bandas.

Son unha banda residente: como podo solicitar o estudio?

Só poden facer uso do estudio de gravación do Centro Xove as bandas residentes, ou os grupos e persoas usuarias, ao abeiro das normas de uso do centro. Para solicitalo, debes:

  • Ser unha banda residente e solicitar a gravación dentro do servizo de coaching para bandas, remitindo un correo vía info@centroxove.com. O noso obxectivo é que se faga un uso razoable do servizo, asegurándonos de que concorren grupos preparados para gravar. De non ser así, rexeitaremos a solicitude pero ofreceremos a formación precisa para que poidas concorrer cando a túa banda esté preparada.
  • Unha vez validada a túa solicitude e a nosa dispoñibilidade, acordaremos unha data e espazo de gravación. Se eres banda residente, poderás elixir un horario segundo dispoñibilidade (de martes a venres de 10 a 14 ou sábados de 16 a 21). Terás que avisar cun mínimo de sete días de antelación.
  • O servizo de coaching musical inclúe apoio e seguemento de principio a fin, ata que quede listo o teu tema! Tamén podes vir co teu propio técnico pero, nese caso, deberá acreditar a súa formación para poder empregar os equipos, e deixar todo como o atopou.

E se non formo parte dunha banda residente?

  • No caso de ser unha solicitude de uso puntual, só poderás gravar os sábados de 16 a 21 horas, sempre previa aprobación dunha solicitude de uso do Centro Xove (instancia de uso xeral, que podes tramitar aquí). Será sempre decisión municipal resolver a mesma.
  • No caso de que concorras pola túa conta e con técnico propio, solicitaremos a titulación que acredite que a persoa que xestionará os equipos nesa data ten formación e capacidade para facelo con seguridade. De non contar con ela, será precisa a supervisión dos técnicos do Centro Xove, e pactar previamente o horario dispoñible segundo a capacidade do espazo.

O motivo polo que o estudio funciona en horarios pactados ou de forma exclusiva en horario de sábados, usualmente entre as 16 e as 21 horas da tarde, é debido a que o resto do centro debe cesar a súa actividade para garantir o silencio e facilitar a calidade da gravación.

Outras consideracións sobre o estudio de gravación do Centro Xove de Creación Cultural

O noso estudio de gravación, como todos os servizos e espazos do Centro Xove, é de uso público e gratuíto, xa que logo está subvencionado pola Concellaría de Mocidade. Tamén é posible empregar outros espazos para gravar, sempre e cando haxa dispoñibilidade.

O noso é un servizo de formación e profesionalización para bandas emerxentes, unha sorte de estudio de gravación básico e didáctico. Para nós, o importante é que os grupos accedan á experiencia de gravar, entender como funciona un estudio e lograr producións propias e dignas. Para que, despois, poidan dar o salto a outros espazos da cidade!

Listo para gravar no estudio de gravación do Centro Xove? Preme no botón inferior, e falemos da túa banda!

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

Sesión de usuario.
Comentarios
Seguridad
Aceptación de cookies