Locais de ensaio en Santiago de Compostela

Os novos locais de ensaio do Concello de Santiago de Compostela están ubicados no Centro Xove de Creación Cultural.

Trátase dun servizo subvencionado e sen custo para a mocidade, orientado ás bandas residentes.

Ofertamos 3 locais independentes, un dos cales conta co seu propio estudio de gravación para demos e producións básicas.

Que inclúen os vosos locais de ensaio en Santiago de Compostela?

Os locais de ensaio do Centro Xove contan con unha dotación propia para cada unha das salas.

De forma concreta, cada local incorpora o seguinte equipo:

  • Espazos sonorizados e acondicionados.
  • Dous amplificadores de guitarra.
  • Amplificador de baixo.
  • Tres micrófonos.
  • Batería (bombo, caixa, charles, 3 toms, pedal único e 2 crashes).
  • Mesa de misturas.
  • Dúas PA para voces e misturas.
  • Tomas de corrente, atrís e outros útiles a demanda.
  • Acceso para persoas con mobilidade reducida.

Os locais están pensados para ensaios e uso musical, aínda que excepcionalmente poderán ser empregados para outros usos (formacións, pequenos encontros da banda, etc.).

A súa reserva e uso queda regulada polas normas do Centro Xove de Creación Cultural.

Como podo reservar os locais de ensaio municipais?

Se estás dentro do perfil de uso preferente, poderás desfrutar de dúas horas por semana por reserva e banda.

Ademais, somos flexibles e facilitamos ampliacións de horario e reservas puntuais segundo as necesidades que teñades, ademais de moitos servizos adicionais. Tratamos realmente ben ás nosas bandas.

Xa sabes que podes contactar con nós se tiveses algunha dúbida.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

Sesión de usuario.
Comentarios
Seguridad
Aceptación de cookies