Sala de informática

sala de informática do Centro Xove é un pequeno espazo situado na recepción, no que poderás desfrutar dun recunchiño para facer as túas cousas dixitais.

Polo de agora, ofrecemos unha zona con mesas elevadas para traballar co teu portátil, temos conexión WiFi así como puntos de carga para móbiles e dispositivos que precises.

A sala de informática do Centro Xove: un proxecto en crecemento

No futuro, pretendemos dotar esta zona con equipos portátiles propios e de acceso libre, ou con reserva previa, de maneira que dispoñamos de ordenadores con conexión á Internet para as persoas que os precisen.

Polo de agora é un espazo acolledor pensado para o dixital, e deberás achegar os teus propios dispositivos. Con todo, podes aproveitar para facer dende alí algún dos nosos cursos en liña do Centro Xove, xogar, navegar por Internet ou calquer outra cousa relacionada coa rede. Iso si, non é un lugar de estudo!

O uso da sala de informática, coma sempre, está supeditado ás normas de uso do espazo. Por iso, tes acceso libre mentres non haxa reservas, alta demanda ou ocupación previa.

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?