Sala de xuntas

Na zona de estar temos unha fermosa sala de xuntas, que foi deseñada para encontros, formacións en pequeno formato ou traballo colectivo das bandas (planificación, deseño de materiais, etc.).

A súa capacidade é ideal para 5 a 10 persoas, e pode empregarse logo de solicitar o espazo para calquera fin no que teña sentido o seu uso.

Cando non foi reservada, o seu acceso é libre, sempre e cando o avises directamente ao persoal do espazo.

Cal é o material dispoñible para a sala de xuntas?

En xeral, na sala de xuntas contas con todo o necesario para organizar unha pequena formación ou xuntanza. Pero non é un lugar de estudo!

Nese sentido, previa reserva e acordo, o equipo do Centro Xove estará encantado de facilitarche:

  • Canón proxector con conexión VGA e HDMI.
  • Mesas e cadeiras que precises.
  • Materiais de escritura.
  • Rotuladores para escribir nos cristais.
  • Altofalantes para música.
  • Acceso á rede WiFi.
  • Outras cousas que non indicamos aquí pero que faciliten a boa marcha da túa actividade.

Lembra que a sala conta con acceso para persoas con mobilidade reducida, e poderás aproveitala para o que precises, sempre ao abeiro das normas de uso do espazo.

Se tes dúbidas, contacta con nós ou reserva a sala de xuntas abaixo!

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?