Sala Principal

A sala principal do Centro Xove de Creación cultural é un espazo multiúsos no que organizamos formacións e eventos de todo tipo.

Trátase dun recurso municipal cunha dotación excelente, xa que conta coas seguintes vantaxes:

  • Escenario con pano motorizado e caixa negra.
  • Equipo de son e iluminación propios.
  • Sistema de climatización.
  • Capacidade máxima de 250 persoas.
  • Sala de control independente.
  • Contamos con equipo técnico propio (son e luces).
  • Acceso e servizos para persoas con mobilidade reducida.

Ademais das formacións e eventos propios que organizamos, é un espazo que podes solicitar e reservar para usos puntuais, sempre tendo en conta as normas do Centro Xove de Creación Cultural.

Podes coñecer o rider técnico sala principal do Centro Xove ou contactar con nós se tiveses algunha dúbida.

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?