No equipo do Centro Xove estamos moi ilusionados coa presentación do Facendo Barullo 1. Un primeiro episodio no que convidamos a unha das bandas que ensaia nos locais municipais do espazo, Filloas.

O programa ten por obxectivo difundir a música das bandas do Centro Xove de Creación Cultural. Para iso, pensamos nesta entrevista e concerto en directo, que grabamos no propio espazo, e que posteriormente difundiremos polas nosas redes en formato cortes, tema a tema.

Podedes visualizar o primeiro episodio de seguido. Próximamente iremos lanzando novas bandas!!

Foi un extenso e amplo traballo coral, polo que queremos agradecer a Iago Galego a súa implicación e traballo. Queres participar nesta e outras formacións? Nese caso, inscríbete nos locais de ensaio do Concello de Santiago de Compostela!

Sobre Filloas:

Filloas ofrece un “cocktail” explosivo e desenfrenado con altas doses de alegría e distorsión, conectando coa xente nova que busca normalizar as súas
tristezas.

Á cabeza do proxecto está Iago Galego Ferreiro, que despois de máis de dez anos no mundo da música, en 2021 comeza a súa andaina pola música urbana.

A esencia musical de Filloas vai dende produccións bailables ata temas máis introspectivos pasando pola música urbana (trap) ou a electrónica (eurobeat). Esta mistura vai acompañada de letras persoais nas que sempre hai un oco para a comedia, dotando á súa música de autenticidade pra xerar un ambiente catártico co seu público.

Videoclips:


Máis info sobre Filloas:

Spotify

Canle en YouTube

Instagram

Bandcamp

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?