Este mes de agosto poñemos en marcha Herdanza Viva, un programa interxeracional en colaboración coa Residencia Raiola do Horreo, pensado para crear espazos de encontro entre persoas de diferentes idades, onde compartiremos experiencias e maneiras de entender a comunidade.

Ao longo do mes desenvolveremos dúas actividades.

HERDANZA VIVA: programa de actividades no Centro Xove

MAPEANDO

Todos os luns de agosto |  17:00 – 19:00 h

Un laboratorio de participación no que exploraremos Compostela dende unha mirada diferente. A través de paseos, observación, fotografía e cartografía colaborativa, construiremos mapas que recollan historias, espazos de encontro, patrimonio, lembranzas e lugares con significado para a comunidade.

HORTA

Todos os mércores de agosto | 17:00 – 19:00 h

Un espazo para aprender e compartir arredor da horta ecolóxica. Coidaremos os cultivos, coñeceremos técnicas de cultivo sostible e intercambiaremos saberes tradicionais relacionados coa terra, as plantas e a alimentación.

Nota importante: A sesión de Horta da semana do eclipse adiántase ao martes 11 de agosto, no mesmo horario (17:00 – 19:00 h).

Queres participar no Herdanza Viva? Inscríbete xa!

Comezamos o luns 3 de agosto! Inscricións abertas (participación de balde ata completar inscricións) ata o 30 de xullo

Para participar, envía un correo a info@centroxove.com

Porque a mellor forma de conservar a nosa herdanza é compartila!

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

Sesión de usuario.
Comentarios
Seguridad
Aceptación de cookies