Se levades tempo buscando un curso de horta en Santiago de Compostela, no Centro Xove da Almáciga acollemos unha proposta ben interesante: o programa Hortalíza-Te.

Este proxecto ve a luz ó abeiro dos orzamentos participativos, e pasa por ofrecer unha formación amena pero valiosa sobre como xestionar a vosa propia horta.

Formación en horta en Santiago co Hortalíza-Te

A actividade comeza o vindeiro 21 de maio, sendo as formacións os luns de 18 a 20 horas. A proposta pasa porque dous docentes colaboren cos participantes na xestión dunha horta na zona da Almáciga. Grazas a isto, iredes aprendendo técnicas e habilidades para xestionar unha propia no futuro!

A proposta combina formación teórica mínima con moitísima práctica na propia horta. O grupo, ademais, terá o bo rollo habitual dos cursos do Centro Xove. Xa sabedes 🙂

curso de horta terá unha duración do mes de maio ó de novembro, extendéndose durante o verán. Ofertamos un total de 15 prazas e, coma sempre, a inscrición é totalmente gratuita.

Queredes inscribirvos no Hortalíza-Te? Tedes ata o 16 de maio!

Para participar, só tedes que contactar co Centro Xove da Almáciga, indicando o voso interese en participar no programa e os seguintes datos:

  • Nome e apelidos.
  • Data de nacemento.
  • Número de documento de identidade.
  • Teléfono móbil e correo de contacto.
  • Indicar se estades empadrados (ou non) en Compostela.

O único requisito para participar é traer roupa axeitada para traballar na horta. Terán prioridade na inscrición as persoas de 16 a 35 anos empadroadas en Compostela, malia que pode inscribirse quen o desexe.

Alternativamente, podedes pasar polo Centro Xove e rexistrar a vosa inscrición de forma presencial. Se tedes interese en participar, non o deixedes ir… que o prazo de inscrición vai do 9 ó 16 de maio. Só quedan uns días!

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?