cineuropa 2016Se desfrutades do cine tanto coma nós, xa sabedes que tedes unha cita con Cineuropa 2016, festival internacional que cumpre xa 30 aniños! Cada mes de novembro chega cargado de novidades, que serán proxectadas entre os días 8 e 27 do devandito mes.

Na páxina web de Cineuropa podedes atopar toda a información sobre o festival, que contará coma sempre un amplo catálogo de películas de autor ou cun carácter independente. O detalle máis especial ven da man do Teatro Principal e as bibliotecas Ánxel Casal e da Cidade da Cultura que, día a día, poñerán á disposición de todo o mundo un cartel que rememore as películas proxectadas en cada unha das edicións ata a presente (xa podedes visualizar algún cartel na súa web). Pinta ben a cousa, que poderedes seguir polas redes sociais co hashtag #Cineuropa30. Ademais, invitan a todas as persoas que teñen pasado polo festival que compartan as súas experiencias e lembranzas sobre a longa traxectoria de Cineuropa, polo que seguro que podedes aportar algunha idea. En todo caso, non deixedes de participar neste evento, que sen dúbida será unha proposta cultural xenial para Compostela!

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?