Hoxe traemos moi boas novas dende o Centro Xove de Creación Cultural: en breve comeza o prazo de inscrición de bandas nos locais municipais de ensaio do Concello de Santiago de Compostela, dependentes da Concellaría de Mocidade.

A inscrición nos locais municipais de ensaio poderá realizarse de forma telemática dende a propia Sede Electrónica do Concello de Santiago de Compostela a partires do día 13 de setembro ás 9:00. Tamén poderedes tramitalo presencialmente, pedindo cita previa no Rexistro Xeral.

Para facilitar o trámite e a participación, subiremos un titorial explicando o procedemento paso a paso nesta mesma web.

Cales son os criterios para participar coa miña banda?

A inscrición nos locais municipais de ensaio, de forma prioritaria, será para as bandas que:

  • Teñan unha media de idade entre os 14 e 35 anos.
  • Conten cun mínimo de dúas persoas empadroadas en Santiago de Compostela.
  • Realicen prioritariamente o trámite (xa que logo, serán atendidas en orde de solicitude e segundo os devanditos criterios).

Se non cumples ditos requisitos, podes enviar a túa solicitude igualmente. O Departamento de Mocidade analizará cada solicitude e resolverá a mesma (por exemplo, asociacións interesadas en ensaiar no espazo, colectivos de músicos, cidadanía, etc.).

Na propia inscrición será posible escoller horarios e días de ensaio. A cesión será dun mínimo de dúas horas semanais por banda, existindo despois a posibilidade de solicitar horas de uso puntual e, por suposto, participar nos cursos do Centro Xove e outras formacións. Iremos informando de todo por este medio e polas nosas redes sociais!

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

Sesión de usuario.
Comentarios
Seguridad
Aceptación de cookies