O festival Lanzadeira Centro Xove 2026 xa ten data! O vindeiro sábado 18 de xullo, a música e a enerxía do talento mozo volverán encher as rúas nunha xornada moi especial para nós.

Este ano non é unha edición calquera, pois celebramos o X aniversario do Centro Xove.

Un cartel especial para o X aniversario do Centro Xove

Para conmemorar esta década, deseñamos unha posta en escena máis ambiciosa ca nunca. Temos o luxo de contar coa colaboración especial de Maneiro, que liderará a noite acompañado por dúas das bandas locais con maior proxección saídas do Centro Xove: Xalundes e Fuego Lolita.

  • 📅 Data: sábado, 18 de xullo de 2026

  • 📍 Lugar: Praza do 8 de marzo

  • 🕗 Horario: a partires das 20:00 h

  • 🎟️ Entrada: de balde

Queremos que vaias quentando motores, así que che deixamos as redes sociais das bandas para que non lles perdas a pista dende xa:

  • Maneiro: o recoñecido artista galego volve a unha cidade que coñece ben para poñer o broche de ouro a esta celebración (@javimaneiro)

  • Xalundes: enerxía local en estado puro, formados e crecidos ao amparo do CX (@xalundes.ofisial)

  • Fuego Lolita: otras das nosas potentísimas propostas dende o CX (@fuegololita_)

Vémonos o 18 de xullo na Praza do 8 de Marzo

Non hai escusas: a entrada é totalmente libre. Marca o 18 de xullo no teu calendario e achégate á Praza do 8 de marzo a partir das 20:00 h para apoiar o talento da mocidade de Santiago de Compostela nesta data tan especial para nós.

Preme aquí para ver o cartaz do Lanzadeira Centro Xove 2026

Nota para medios de comunicación: para xestión de prensa e acreditacións ou máis información, podedes contactar a xestion@centroxove.com

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

Sesión de usuario.
Comentarios
Seguridad
Aceptación de cookies