Despois de moito traballo, por fin lanzamos a plataforma de cursos en liña do Centro Xove.
A verdade é que levamos un tempo a voltas coa produción das nosas formacións para adaptarnos ó ámbito dixital. Sabemos que a situación da pandemia esixe, ademais, facelo con prestaza.
Por iso, dende agora xa non paramos coas aulas dixitais. Imos coa proposta?
Plataforma de cursos en liña do Centro Xove de Creación Cultural
A plataforma de cursos en liña do Centro Xove conta con todo o necesario para que teñas acceso a formacións dende calquer lugar con conexión á rede.
Malia que estamos na fase inicial do seu desenvolvemento, confiamos en lanzar cursos con regularidade. Polo de agora, lanzamos dúas formacións para a estrea:
Para inscribirte só terás que crear unha conta na web do Centro Xove… e listo! Poderás completar a formación ó teu ritmo, contactar en todo momento co equipo responsable de dinamizar a formación e, lóxicamente, co propio Centro Xove.
A nosa idea é que as formacións conten co apoio constante do equipo. Dese modo, poderás aproveitalas ó máximo!
Como son os cursos? Podo inscribirme gratis?
Coma sempre, as formacións do Centro Xove son subvencionadas pola Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela. En función da demanda, é posible que limitemos algún curso ou só esté dispoñible nun período de tempo. Pero sempre haberá cousiñas que aprender!
Ademais, os cursos do Centro Xove son:
- En formato de vídeos curtos, para facilitar que os vexas onde e cando ti queiras.
- Secuenciados, programados e supervisados polo equipo do espazo.
- Formacións de base e capacitantes, relacionadas co mundo da cultura e, moi especialimente, coa música.
Como indicamos, a intención é lanzar cursos con regularidade mensual incluso máis aló da pandemia. Cremos nun modelo semipresencial, no que o noso traballo no propio espazo chegue a máis xente grazas á tecnoloxía. Por iso, non deixaremos de mellorar a plataforma e engadir cursos.
Se non queres perdelos de vista ou queres descubrir a proposta, xa podes inscribirte nos cursos en liña do Centro Xove. E se tiveses algunha dúbida, lembra que podes contactar co Centro Xove!