Estamos de inauguración! Hoxe estreamos a nosa primeira expo “Lévedo lilá”. Xa está exposta e dispoñible no Centro Xove de maneira presencial!

Un proxecto que nace co obxectivo de traballar coa mocidade na busca e documentación de referentes culturais e sociais con perspectiva de xénero na súa contorna.

Que poderás desfrutar con “Lévedo lilá”?

A expo “Lévedo lilá” componse dunha galería de pequenas pezas audiovisuais onde se amosa o traballo, a memoria e a historia de vida de persoas con vivencias e experiencias moi valiosas baixo a perspectiva de xénero das que tirar aprendizaxes e inspiración.

Componse dunha serie de seis paneis onde se amosa a experiencia e opinións de varias persoas que desenvolven iniciativas culturais e artísticas con enfoque de xénero no ámbito galego, a través de breves entrevistas en formato audiovisual feitas na súa totalidade por un grupo de mozas e mozos de entre 13 e 16 anos.

Como cúspide do proxecto, programarase unha Biblioteca Humana para poder dialogar directamente con algunhas destas referentes: unha actividade moi novidosa onde os Libros son de carne e oso e a Lectura, unha conversa.

Con todas estas accións interdisciplinares, participativas e de carácter colectivo de base, o que se busca é dotar de ferramentas construtivas e creativas de análise, de crítica e de reflexión para as xeracións máis novas que supoñan un lévedo, unha inspiración para poder facer unha lectura da cultura e da sociedade con lentes lilas e construír un relato fundamentado na igualdade e na equidade.

É un proxecto subvencionado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña na convocatoria de proxectos singulares de especial interese cultural 2021 (@deputacioncoruña), baixo a tutela de @xandobela e conta coa colaboración de Co-funded by the Erasmus+ of the European Union @museserasmusplus. Dispoñible por tempo limitado no CX, esperámoste!

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?