Ludoteca 🎲

A ludoteca do Centro Xove xa está dispoñible, e queremos que desfrutes coa nosa selección de xogos!

Para facilitar ó máximo que a nosa mocidade aproveite a oportunidade, recollemos a información esencial de seguido. A nosa intención é actualizar progresivamente este apartado da nosa páxina web, integrando detalles sobre os xogos, tutoriais para xogalos e moito máis. Non a perdas de vista!

Ludoteca do Centro Xove: como funciona o servizo?

Como toda a nosa oferta, o servizo de ludoteca do Centro Xove prioriza á mocidade de Compostela.

Isto quere dicir que poderán participar, de forma preferente, as persoas de 14 a 35 anos e empadroadas en Santiago de Compostela.

Tendo iso en conta, o proceso é moi sinxelo. Explicamos de seguido como funciona.

Como podo levar un xogo da ludoteca do CX?

Precisaremos que cubras unha ficha de inscrición, que nos servirá para identificarte como socio da ludoteca Almazinger Z (que é como a chamamos!).

Este trámite é completamente gratuito, e abondará con que nos remitas a túa ficha cuberta a info@centroxove.com

Descarga aquí a ficha de inscrición na ludoteca do Centro Xove

Cando confirmemos a túa alta, poderás levar xogos solicitando os mesmos presencialmente co teu DNI, ou previa reserva dos mesmos empregando o formulario inferior. Neste último caso, o equipo do Centro Xove entrará en contacto contigo, e acordaremos unha data para recollida e entrega.

Normas da ludoteca do centro

As condicións de uso da ludoteca son sinxelas, e existen co obxectivo de que os xogos duren moitos anos e cheguen en perfectas condicións a todas as persoas usuarias do servizo.

En resumo, estas normas son as seguintes:

  • Só poderán levar xogos persoas identificadas co seu DNI (orixinal).
  • A duración do préstamo é de 7 días naturais, non prorrogables.
  • Máximo 2 xogos por persoa e préstamo.
  • Ó levar un xogo, asumes o compromiso de tratalo con xeito.
  • Se danas ou perdes o xogo, deberás reparar o dano (mercando outro ou as pezas correspondentes).

No caso de retrasarte na devolución dun xogo, devolvelo en mal estado ou abusar do servizo da ludoteca, o equipo do CX procederá a informar ó Departamento de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela, para que tome as medidas pertinentes.

Isto pode levar a amonestacións e, incluso, á pérdida do dereito de participación no servizo. Por favor, respeta as normas: os xogos son algo que compartimos en positivo!

Listado de xogos dispoñibles na ludoteca do Centro Xove

Para coñecer os fondos dispoñibles, podes descargar o listado de xogos da ludoteca, clasificados segundo sexan xogos de mesa, rol ou estratexia.

No caso de que teñas clara a túa selección, podes cubrir o formulario e solicitar xa o teu xogo, para vir a recollelo cando te indique o equipo do Centro Xove segundo dispoñibilidade. Se o prefires, tamén podes acudir a escoller o teu xogo presencialmente.

Se tiveses algunha dúbida sobre a ludoteca do Centro Xove, unha solicitude particular, precisas recomendacións de xogos ou queres organizar algo especial, lembra que estamos á túa disposición. Podes contactar con nós nesta ligazón.

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?