Xa chegou o verán, e no Centro Xove queremos celebrar o bo tempo lanzando un monográfico de percusión brasileira!
Se queres achegarte a este tipo de percusión, contaremos co equipo de Latexo Percusión para levar adiante esta experiencia de iniciación. Como sempre, a formación é gratuita, subvencionada pola Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela.
Con esta proposta aprenderemos a tocar dende cero, traballando unhas nocións básicas de percusión rítmica e de técnica dos diferentes instrumentos. Tocaremos ritmos típicos de Brasil, utilizando o movemento e o baile, ademais da consciencia grupal. Non precisas coñecementos previos nin instrumentos: só moitas ganas de participar. O resto xa o poñemos nós!
Como podo escribirme no monográfico de percusión brasileira?
Se queres inscribirte no monográfico, cómpre que teñas en conta os seguintes detalles:
- Data e horario: martes 5 de xullo, de 19 a 21 horas no Centro Xove.
- Quen pode participar? Preferentemente, persoas de 14 a 35 anos, empadroadas en Santiago de Compostela.
- Prazo de inscrición: aberto ata o 4 de xullo ás 20:00 (ou ata completar prazas).
- Prezo: gratuito, subvencionado pola Concellaría de Mocidade.
Para inscribirte, envía un correo a info@centroxove.com cos seguintes datos:
- Nome e apelidos
- Data de nacemento
- Teléfono de contacto
- Indica se estás empadroado/a no Concello de Santiago (ou non).
Tamén podes enviar esa información vía WhatsApp/Telegram ó 722720992, ou acudir presencialmente a inscribirte ó espazo. Agardámoste nesta experiencia de batucada brasileira! Se tiveses algunha dúbida, tamén podes escribirnos unha mensaxe aquí.