Un chisco máis tarde do que nos tería gustado, por fin lanzamos a nova web do Centro Xove de Creación Cultural. Ademais, queremos anunciar a apertura das inscricións nos nosos cursos.

Todo o equipo está incríblemente ilusionado de achegar esta nova plataforma, que incorpora novidades moi necesarias, e que supón un paso adiante no servizo que podemos ofertar ás persoas usuarias do espazo.

A nova web do Centro Xove, polo miúdo

nova web do Centro Xove consiste nun proxecto pensado para facilitar o uso das instalacións e a vosa formación en liña.

Por iso, navegando un pouco comprobaredes que temos unha sección de inicio como presentación do Centro Xove, un detalle de cada un dos espazos que é posible reservar, unha axenda actualizada, a pobilidade de tramitar e rexistrar inscricións en liña, etc.

Ademais, deixamos máis claro que nunca cal é a nosa oferta de formación presencial, incorporamos un blog de publicación semanal para actualizar as novidades do que facemos, e incorporamos novas formas de contacto. Porque somos un espazo de proximidade coa mocidade de Compostela.

O noso obxectivo é lanzar cursos en liña dos que todo o mundo, incluso durante unha pandemia, teña ocasión de participar. Nese sentido, queremos producir contidos de forma gradual, de maneira que poidades aproveitar ó máximo a formación presencial e dende a casa. Avanzaremos máis detalles ó respecto próximamente por esta mesma canle e as nosas redes sociais!

E hai novas actividades?

Pois claro!

Mentres preparamos todo para a inauguración dos locais municipais de ensaio e o estudio de gravación do Centro Xove, que abrirán cando a situación sanitaria o permita, queremos que desfrutedes de novas propostas culturais.

Nese sentido, na sección de cursos do Centro Xove tedes acceso ás inscricións nas nosas formacións dende xa. No futuro, nesa mesma ligazón iremos subindo os cursos en liña e novas actividades, permanecede atentos!

En suma, que estamos felices de poñer en marcha a nova web do Centro Xove de Creación Cultural. Xa sabedes onde estamos e, se queredes calquer cousiña, contactade con nós.

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?