Ademais das nosas formacións en guitarra, no Centro Xove tamén queremos ofertar cursos presenciais de baixo, que complementan o traballo que vimos facendo a través da formación en liña.
Por iso, lanzamos unha nova convocatoria de grupo básico de baixo eléctrico. Nesta actividade, poderás explorar e experimentar co instrumento, aprendendo as nocións elementais dende un enfoque non formal. Se queres aprender a tocar o baixo, é unha oportunidade fantástica! Toda a información de seguido.
Queres participar no novo grupo básico de baixo?
Se queres participar neste novo grupo, cómpre que teñas en conta os seguintes detalles:
- Horario: todos os mércores de 12:30 a 13:30, comezando o vindeiro 3 de febreiro.
- Quen pode participar? Preferentemente, persoas de 14 a 35 anos, empadroadas en Santiago de Compostela.
- Prazo de inscrición: do 25 ó 31 de xaneiro, ambos incluidos.
- Canto dura o curso? 10 horas, repartidas en 2 meses e medio, cunha clase semanal.
- Prezo: gratuito, subvencionado pola Concellaría de Mocidade.
No caso de que teñas interese, podes inscribirte de varias formas:
- Enviando un correo electrónico a info@centroxove.com
- Por WhatsApp/Telegram (podes contactar co botón desta web ou no 722720992).
- Presencialmente no propio Centro Xove!
Outros datos sobre a formación:
Lembra que estas formacións de baixo eléctrico e presenciais son de iniciación. Ademais:
- Preciso coñecementos previos? Non. Comezaremos a descubrir dende cero todo o necesario para aprender a tocar o baixo eléctrico.
- Preciso algún material específico? Sí. Un baixo eléctrico ou acústico, afinador (ou app no móbil), puga e gañas de aprender!
- Quen imparte? Guillermo Vistoso. Compositor, cantante e guitarrista. Músico profesional freelance de directo e estudio dende 2016.
Para calquer outra consulta, lembra que podes contactar co Centro Xove. Vémonos!