Xa sabedes que no Centro Xove temos aberto un servizo de préstamo de xogos, popularmente coñecido como ludoteca do Centro Xove.

Ben, despois dun tempo, cremos que chegou o momento de facer realidade as vosas inquedanzas. Por iso, imos ampliar a familia de xogos, engadindo novos fondos á nosa reserva.

Vota polo teu xogo favorito!

Para darlle un chisco máis de gracia á cousa, imos abrir un período de votación. Poderedes votar que xogo vos gustaría máis sumar á nosa colección. Os 3 máis populares chegarán moi pronto ás nosas estanterías. Bueno, e algún máis que queremos engadir dende o equipo, que tamén somos moi xogantíns!

As persoas usuarias do centro poderán votar presencialmente a partires do luns 21 no propio espazo. Cada persoa poderá emitir un voto ata o día 22 de decembro. Nesa data, pecharemos as urnas e anunciaremos que xogos chegarán para o 2023!

E non podo votar online?

Cremos que neste caso é ideal que os votos se rexistren presencialmente, xa que así poderedes coñecer a nosa colección e as propostas de forma detallada.

Malia isto, as persoas usuarias do servizo de préstamo de xogos poderán votar telemáticamente. Enviaremos un formulario a tal efecto.

E por que esa diferencia? Pois por ter un detalle con toda esa xentiña que lle da vida á nosa ludoteca, e que cremos debe ter prioridade nesta toma de decisións, xa que logo foron as súas propostas as que deron lugar a esta iniciativa.

Que ti tamén queres ser parte dese exclusivo clube? Sen problema! Podes inscribirte na ludoteca do Centro Xove e entrar a formar parte tamén!

Pois iso, vémonos no Centro Xove, e agardamos con ilusión polas vosas votacións!

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?