No Centro Xove queremos que as nosas bandas coñezan o sector musical dende a perspectiva profesional. Por iso, traemos un obradoiro específico sobre o funcionamento deste mundo, tarefas que desenvolve cada perfil e moito máis. Unha oportunidade xenial para levar o voso grupo ó seguinte nivel!

Así, este obradoiro de formación para bandas trae profesionais destacados do sector musical en formato masterclass. Trátase dun espazo onde aprender, consultar e descubrir posibilidades, que enriquecerá o proxecto musical da vosa banda. Tocaremos:

  • O sector musical
  • Produción
  • Deseño de imaxe de banda
  • Aspectos técnicos e equipo
  • Marketing e autoxestión
  • Aspectos xurídicos

Esta actividade tamén forma parte do programa Agenda Urbana 2030, e é de inscrición gratuita e exclusiva para grupos do Centro Xove.

Como podes inscribirte na actividade?

As inscricións están abertas dende xa ata o venres 21 de abril. A formación é gratis para as persoas inscritas, xa que é financiada polo Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Promoción Económica no marco da Agenda Urbana 2030.

Podes inscribirte polas seguintes canles:

  • Enviando un correo electrónico ó Centro Xove vía info@centroxove.com
  • Enviando un WhatsApp/Telegram ó 722720992
  • Chamando a ese mesmo número ou presencialmente no propio centro.

Lembra que teñen preferencia as persoas de 14 a 35 anos empadroadas en Santiago de Compostela. Podes inscribirte se non cumples ditos requisitos. Non son necesarios coñecementos previos, xa que partimos dende a base.

Cando terán lugar as clases?

As sesións terán lugar sábados alternos de 10 a 13 horas, comezando o día 22 de abril ata o finais de xullo. Serán dúas aulas por mes.

Se non puideses participar nalgunha sesión, non te preocupes que o falamos segundo o teu caso.

Non perdas tempo e bule a inscribirte na actividade coa túa banda! E se queres coñecer outras propostas que facemos co apoio do marco da Agenda Urbana 2030, preme aquí.

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?