Chega a nova proposta de programación do Centro Xove 2025! Para non andar con voltas, a información esencial que precisas para comezar é:
- Prazo de inscrición: dende o 18 de setembro ata unha semana antes de comezar a actividade. Pode facerse telemáticamente (info@centroxove.com). En caso de ter dúbidas, podes resolvelas co noso equipo por teléfono, WhatsApp/Telegram (666 993 860) ou presencialmente no Centro Xove.
- Podo inscribirme con antelación? Sí. Podes preinscribirte nas formacións que che interesen, e avisaremos para confirmar a praza 7 días antes de cada actividade.
- Comezo e fin das actividades: semana do 1 de outubro. Consulta a axenda para máis detalle e ver outros eventos/actividades do Centro Xove.
VER ACTIVIDADES XERAIS (ANUAIS)
VER ACTIVIDADES EXTRAORDINARIAS OUTUBRO-DECEMBRO
Nota: esta información foi actualizada o 25/9/2025
Queres coñecer de que vai dirixida a nosa nova programación e que actividades ofertamos? Segue a ler!
Quen pode apuntarse ós cursos do CX?
Calquera, pero con algunhas condicións (para ter prioridade):
- Ter entre 14 e 35 anos
- Estar empadroado/a no Concello de Santiago de Compostela
- Nos casos que proceda, pertencer ás bandas que ensaian no Centro Xove
Se non cumpres os requisitos, podes inscribirte igualmente, pois no caso de que haxa plazas contaremos contigo. Así que iso, non deixes de apuntarte.
Onde me inscribo?
Por correo electrónico, a través de info@centroxove.com En caso de ter dúbidas, podes resolvelas co noso equipo por teléfono, WhatsApp/Telegram (666 993 860) ou presencialmente no Centro Xove.
A información que precisaremos é:
- Nome e apelidos
- DNI
- Data de nacemento
- Correo electrónico
- Teléfono móbil
- Indicación de empadronamento en Santiago (sí/non)
- Actividades nas que queres participar
- Consideracións a ter en conta (algunha necesidade específica, problema médico, etc.)
Programación e oferta de actividades do Centro Xove para o curso 2024/2025
Velaquí deixamos tres cousas ben interesantes:
- Aquí podes coñecer as actividades anuais do Centro Xove. Son as que temos abertas todo o ano, e ás que sumamos as extraordinarias.
- Estas son as actividades extraordinarias do trimestre, neste caso outubro a decembro. Quere dicir que, ademais das que sacamos con carácter anual, cada trimestre lanzamos algunhas diferentes nas que tamén podes inscribirte. Así, ofertamos unha serie de actividades regulares (anuais) + específicas cada trimestre (extraordinarias).
De seguido, resumimos as preguntas máis frecuentes sobre esta oferta.
PREGUNTAS FRECUENTES
Podo inscribirme en calquer curso do ano?
Sí. Queremos que teñades a información coa máxima antelación, de maneira que poidades ver o detalle do mes no que se realiza a actividade, horario e data.
En caso de dúbida, podedes inscribirvos durante todo o ano. Consultade ó equipo do Centro Xove e vos incluiremos no listado de cada actividade, e contactaremos para confirmar a vosa asistencia 7 días antes de que comece.
Cal é a oferta de servizos detallada?
Detallamos a mesma polo miúdo nos cartaces arriba indicados.
Alén disto, en canto ós servizos, contan con cadansúa páxina explicativa e non requiren inscrición:
- CX Emprende
- Coaching e acompañamento para bandas residentes
- Servizo de libraría de favoritos
- Servizo de mediación de proxectos culturais (Participa!)
- Ludoteca Almazinger Z
- Formación para bandas en técnica vocal e instrumental
- Amplo catálogo de cursos en liña
- Reportaxes, gravación e xuntanzas coas bandas
Canto custan os cursos?
Como é posible que xa saibas, os nosos cursos son subvencionados pola Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela. Isto quere dicir que, para ti, son de balde. Non pagas nada por participar, nin sequera polos materiais! Que pedimos? Que sexas responsable e veñas ás clases. No caso de que non poidas vir, seguir, etc., avisa e listo. Unha boa comunicación e interese polas actividades.
Teño que ter coñecementos previos para participar nas formacións?
Nada diso! Nos cursos sempre partimos dos coñecementos previos do alumnado participante, xa que asumimos que o que queres é aprender. Así que o noso equipo docente estará feliz de orientar ás formacións para que poidas aprender partindo dende a base. Lembra que as nosas aulas están moi orientadas ó práctico, xa que o exceso de teoría non nos vai demasiado. A nosa idea é que, cando saias du curso, teñas aprendido algo novo e queiras saber máis sobre o tema. As clases crean un contexto agradable e participativo, xerando unha rede de persoas que vos faga sentir en total confianza no espazo.
Incorporaredes novas actividades á programación?
Sí. Segundo se amplíen as colaboracións, aparezan novas propostas ou ofertas formativas, o indicaremos. Exemplos disto son a Programación de Nadal, colaboracións con outras entidades, etc. Avisaremos en publicacións aparte e polas nosas redes sociais para unha correcta difusión. Ademais, haberá actividades novas cada trimestre.
Haberá máis oferta de formacións en liña?
Sí. A nosa oferta de cursos en liña será ampliada, e está aberta á inscrición durante todo o ano nesta ligazón.
Ensaio cunha banda no Centro Xove, teño que apuntarme ás cousas?
Non. Naqueles servizos ou actividades que organicemos regularmente (Encontros das bandas, Aceleradora, reportaxes, etc.) contactaremos nós para invitarvos polas canles habituais. Só teredes que solicitar aqueles servizos que requiran reserva (gravación, management, etc.).
Non o teño claro, podedes orientarme?
Se precisas axuda ou orientación particular, o mellor é que contactes con nós. Falarás cunha persoa que te aportará solucións, non te preocupes. Podes vir polo Centro Xove se o prefires, ou enviarnos unha mensaxe vía info@centroxove.com ou por WhatsApp/Telegram ó 666 993 860. Vémonos!