Dende o Centro Xove lanzamos a nosa programación anual 2026/2027. Por primeira vez, contamos cunha programación anual estable de máis de 2000 horas de actividades para mocidade de Santiago de Compostela.

Queres participar? Pois atención á información esencial que precisas:

  • Podes inscribirte a partires do 21 de setembro do 2026. Para facelo, só precisas contactar con nós vía WhatsApp (666 993 860), escribindo a info@centroxove.com ou presencialmente no Centro Xove.
  • Pode participar calquer persoa entre 14 e 35 anos empadroada no Concello de Santiago de Compostela. É un criterio de preferencia para a participación.
  • As actividades comezan a semana do 1 de outubro ata finais de setembro do 2027. Podes consultar a axenda para ver outros eventos/actividades no espazo.
  • É posible inscribirse naquelas actividades que máis che interesen. Hai unha amplísima oferta para escoller. Toda a información está no dossier seguinte!

DESCARGAR O RESUMO DA PROGRAMACIÓN 2026/2027 DO CENTRO XOVE

DESCARGAR A VERSIÓN COMPLETA DO CX (recomendamos ver en ordenador)

Que información debo enviar para inscribirme?

Podes tramitar a inscrición de forma totalmente gratuita. Remite a seguinte información vía WhatsApp (666 993 860) ou a info@centroxove.com para axilizar:

  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Data de nacemento
  • Correo electrónico
  • Teléfono móbil
  • Indicación de empadronamento en Santiago (sí/non)
  • Actividades nas que queres participar
  • Consideracións a ter en conta (algunha necesidade específica, problema médico, etc.)

Lembra que tamén podes facer o trámite presencialmente, e que o equipo do Centro Xove está dispoñible para asistir no caso de que teñas algunha dúbida!

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

Sesión de usuario.
Comentarios
Seguridad
Aceptación de cookies