Dende o Centro Xove encamiñámonos cara a un futuro sostible con base na:

  • Transformación da sociedade moza, acompañando dun cambio de pensamento, conduta e hábitos de vida. 
  • Impulsar á mocidade, transformando a sociedade, para contribuir a acadar os ODS da Axenda 2030. 

Para iso, os Proxectos Axenda Urbana 2030 son unha resposta para achegar á mocidade ditos obxectivos municipais. Representan unha forma de apoio do Departamento de Promoción Económica ó espazo cunha batería de actividades.

  • Cando pode inscribirse a xente? 30 de marzo ó 8 de abril, ambos incluidos.
  • Como poden facelo? De maneira presencial ou telemáticamente, na web do CX. As nosas canles habituais son presenciais e dixitais (mail, whatsapp, etc.).
  • Cando comezan as actividades? Luns 10 de abril
  • E ata cando terán lugar? Ata o mes de novembro, en diferentes actividades.
  • A quen van dirixidas: Mocidade de 14-35 anos, empadroada no concello de Santiago, prioritariamente.
  • Onde terán lugar? No propio Centro Xove (agás nas saídas pola contorna).

RESUMO DE ACTIVIDADES PROPOSTAS: 

  • Iniciación ó xornalismo: creación dunha revista propia, que será publicada e difundida nas redes sociais e web, aportando as inquedanzas e perspectivas da mocidade participante. Creación dun podcast propio. Tódolos Xoves de Abril a Xuño de 19 a 21h. 
  • Videoarte: inmersión colectiva na creación dun produto audiovisual grupal centrado na arte como disciplina e íntegramente en galego. Tódolos martes de 18 a 20h de Abril a Xullo. 
  • Obradoiros de formación para bandas: do local de ensaio ao directo Pretendese transmitir á mocidade coñecementos sobre o funcionamento do sector musical e cales son as tarefas que desenvolven os distintos profesionais e empresas que o conforman. O obradoiro traerá a persoal destacado do sector en formato masterclass. Dous sábados o mes de Abril a Novembro.
  • Serigrafiando e recreando identidades: Con todo tipo de material que podíamos recuperar e atopemos, reciclamos e dámoslle nova vida noutras pezas. Esta roupa zero waste será agasallada ás persoas participantes e á cidadanía, promocionando aínda máis este movemento e a nosa acción. Tódolos mércores de 19:30 a 21:30 de Abril a Xullo. 
  • Botánica e saídas culturais: Andaina dende o río Sarela até a Selva Negra, explicando e identificando as especies botánicas do lugar e os seus usos populares. Importante: non é unha actividade na que se oferte consello médico e/ou de saúde. O vindeiro sábado 6 de Maio.
  • Artes Performativas: Queremos promover unha vida sana e o benestar das persoas participantes do Centro Xove. Por iso, propoñemos aprender performance, teatro, teatro musical e cabaret… posta en escena! Facémolo a través desta actividade anual, onde exploramos un espectáculo de vangarda no que se combina elementos de artes e campos diversos, como a música, a danza,o teatro e as artes plásticas. Un obradoiro onde explorar e desfrutar, e que podería mesmo enriquecer ás nosas bandas residentes (como colaboración nas súas actuacións, videoclips, etc.). Tódolos venres de 19 a 21h de Abril a Xullo. 
  • Cociña ecolóxica: Buscamos unha mellora da alimentación a través do acceso de tódalas persoas a unha alimentación sana e nutritiva. Consumo sostible e hábitos saudables guiados por profesionais da gastronomía en pequenas sesións para aprender cociñando. Tódolos luns de 19 a 21h de Abril a Xuño. 
  • O café das 18: Grupos de conversa e conexión da mocidade. Fomentaremos un espazo de encontro onde a mocidade teña un espazo para falar e ser escoitados, traballando así o seu benestar emocional e tratando temas mensuais con profesionais que traten temas de interese que salgan do diálogo de grupo. Tódolos días en horario de tarde. 
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

Sesión de usuario.
Comentarios
Seguridad
Aceptación de cookies