Xa temos lista a nosa programación de verán 2026 do Centro Xove de Creación Cultural. E ven chea de novidades!
Para facilitar ó máximo o proceso de inscrición, vai a información esencial que precisas:
- Prazo de inscrición: dende o 15 de xuño ata ó3 30 de xuño do 2026. Pode facerse telemáticamente (info@centroxove.com). En caso de ter dúbidas, podes resolvelas co noso equipo por teléfono, WhatsApp/Telegram (666 993 860) ou presencialmente no Centro Xove.
- Comezo e fin das actividades: semana do 1 de xullo.
DESCARGA A PROGRAMACIÓN DE VERÁN 2026 DO CENTRO XOVE
Quen pode apuntarse ás actividades de verán 2026 do Centro Xove?
Calquera, pero con algunhas condicións (para ter prioridade):
- Ter entre 14 e 35 anos
- Estar empadroado/a no Concello de Santiago de Compostela
- Nos casos que proceda, pertencer ás bandas que ensaian no Centro Xove
Se non cumpres os requisitos, podes inscribirte igualmente, pois no caso de que haxa plazas contaremos contigo. Así que iso, non deixes de apuntarte.
Onde me inscribo?
Por correo electrónico, a través de info@centroxove.com En caso de ter dúbidas, podes resolvelas co noso equipo por teléfono, WhatsApp/Telegram (666 993 860) ou presencialmente no Centro Xove.
A información que precisaremos é:
- Nome e apelidos
- DNI
- Data de nacemento
- Correo electrónico
- Teléfono móbil
- Indicación de empadronamento en Santiago (sí/non)
- Actividades nas que queres participar
- Consideracións a ter en conta (algunha necesidade específica, problema médico, etc.)
Lembra que se tiveses algunha dúbida sobre a programación de verán 2026 do Centro Xove, podes escribirnos e o noso equipo estará feliz de atenderte. Vémonos no CX!