Ben sabedes que no Centro Xove da Almáciga estamos traballando arreo para ofertarvos unha programación cultural ben xeitosa. Que non a coñecedes? Iso é o normal, porque a programación e cursos do Centro Xove da Almáciga estará dispoñible nos próximos días, e isto é algo moi pero que moi importante. Non queremos que ninguén quede sen praza nos numerosos cursos que lanzaremos, polo que recomendamos que engadades esta web ós vosos marcadores e sigades o noso Facebook para estar ó tanto das novas!

Como ven sendo habitual noutros espazos de Compostela, no Centro Xove da Almáciga ofertaremos unha formación que será de balde subvencionada polo Concello de Santiago de Compostela a través do esforzo da Concellería de Mocidade; isto quere dicir que calquer persoa con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos poderá participar, sempre a cando resida, estude ou traballe en Santiago de Compostela. A nosa proposta pasa por mestres de recoñecida traxectoria profesional, tocamos áreas moi diversas da cultura e cremos que seguro atopades algo que vos interese! Esta mesma semana ou a vindeira abriremos o plazo de inscrición nas actividades do Centro Xove da Almáciga, que poderedes tramitar por Internet, polo que xa vos avisamos de que a cousa está a piques de comezar. Iremos expoñendo os nosos cursos en futuras entradas e, por suposto agradecemos que compartades este post nas vosas redes sociais para chegar a tanta xentiña nova coma sexa posible. Graciñas!

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?