Queres coñecer a programación de Nadal do Centro Xove para finalizar o 2023? Nese caso, estás no lugar correcto!

Traemos unha proposta de actividades extraordinarias entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro. Vai en detalle.

Programación de Nadal 2023 do Centro Xove: como me inscribo?

Velaquí deixamos o Programa de Actividades de Nadal 2023 do Centro Xove.

Por outra banda, lembrade que o prazo de inscrición vai do 27 de novembro ata o 10 de decembro.

A inscrición pode facerse telemáticamente mandando un mail a info@centroxove.com. Tamén por teléfono, WhatsApp/Telegram (ó 722720992) ou presencialmente no Centro
Xove.

Pode participar calquer persoa con idade entre 14 e 35 anos, tendo preferencia se conta con empadroamento no Concello de Santiago de Compostela. Se non cumpres os requisitos, podes inscribirte igualmente, pois no caso de que haxa prazas contaremos contigo. Así que iso, non deixes de apuntarte! Para facelo, precisamos os seguintes datos:

  • Nome e apelidos:
  • DNI:
  • Data de nacemento:
  • Teléfono e mail:
  • Indicación de empadronamento en Santiago (sí/non):
  • Actividades nas que queres participar:

Concertos de Nadal no marco do Son Xove

Ademais disto, durante o mes de decembro as bandas do Centro Xove actuarán no marco das Festas de Nadal do Concello de Santiago de Compostela, dentro do Son Xove.

Este programa implica cinco concertos na Praza Roxa, a partires das 20:00, de dúas bandas do CX por día. Actuarán:

  • 1 de decembro: Liskadakí + Killo Karallo
  • 8 de decembro: Abella + Filloas
  • 15 de decembro: Funky Kongs + Boa Sunet
  • 22 de decembro: Las Sinsen + ULEX
  • 29 de decembro: Jam de Nadal do CX

O acceso é gratuito ata completar aforo, non faltedes!

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

Sesión de usuario.
Comentarios
Seguridad
Aceptación de cookies