No Centro Xove lanzamos a actividade Recrearte. Se sintes un forte compromiso co medio ambiente, é unha proposta para ti!
Nesta formación, recuperaremos materiais de todo tipo, dándolles unha nova vida en forma de novas pezas creativas. Forma parte programa Agenda Urbana 2030, e é unha actividade de inscrición gratuita.
Esta proposta consiste nun taller de arte contemporánea con materiais reciclados e reutilizados. A mixtura perfecta de creatividade e ecoloxía!
Como podes inscribirte na actividade Recrearte?
As inscricións están abertas dende xa ata o venres 21 de abril. A formación é gratis para as persoas inscritas, xa que é financiada polo Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Promoción Económica no marco da Agenda Urbana 2030.
Podes inscribirte polas seguintes canles:
- Enviando un correo electrónico ó Centro Xove vía info@centroxove.com
- Enviando un WhatsApp/Telegram ó 722720992
- Chamando a ese mesmo número ou presencialmente no propio centro.
Lembra que teñen preferencia as persoas de 14 a 35 anos empadroadas en Santiago de Compostela. Podes inscribirte se non cumples ditos requisitos. Non son necesarios coñecementos previos, xa que partimos dende a base.
Cando terán lugar as clases de Recrearte?
As sesións terán lugar en mércores alternos comezando o día 26 de abril ata o finais de xullo. De 19:30 a 21:30.
Se non puideses participar nalgunha sesión, non te preocupes que o falamos segundo o teu caso.
Non perdas tempo e bule a inscribirte na actividade Recrearte do Centro Xove. E se queres coñecer outras actividades que facemos co apoio do marco da Agenda Urbana 2030, preme aquí.